Monday 30 November 2009

Alguén sabe o que é o famoso Colisor de Hadróns?

“Apenas tres días despois de poñer de novo en funcionamento o Gran Colisor de Hadróns do CERN e de conseguir manter raios de luz en circulación dentro dos seus dous aneis, onte producíanse as primeiras colisións (voluntarias) de partículas no LHC”.

Todos os medios de comunicación facíanse eco da noticia e a verdade é que soaba moi ben aínda que non entendiamos exactamente que nos estaban a contar. Ademais tivemos algún reproche por parte dunha asidua visitante de Mesturas no sentido de que non estamos a facer ningún seguimento do ausnto malia a súa importancia e as súas futuras implicacións. Entendemos que era noso deber ler, e así o fixemos, algún artigo supostamente divulgativo que, na nosa opinión, non divulgaba demasiado ben. A piques xa de tirar a toalla atopamos estes videos tan esclarecedores nos que os propios científic@s do CERN cóntannos o que están intentando facer. Moi ben explicado todo. Agora xa temos unha idea bastante máis precisa. Encántanos a segunda intervención especialmente. Vía
cosasdeciencia.com

Impresionantes imaxes tridimensionais a pantalla completa aquí.

Algunhas moi boas fotos máis nesta ligazón.

Aquí podedes ver o acelerador en formato pop-up.

Sunday 29 November 2009

Bibliotecas Escolares Galegas na Voz de Galicia

Hoxe vemos como na Voz de Galicia se fala das bibliotecas escolares da nosa comunidade. Coméntase que son un referente para as bibliotecas escolares do resto do estado, e en Mesturas sabemos moi ben que iso é exactamente así porque o vemos e o comentamos cando viaxamos fóra de Galicia.
Recollemos o comentario a estos artigos como o publicaron os amigos do Segrel. Está de máis dicir que estamos de acordo con todas as súas precisións.

Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.
Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas.

"Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil
Fálase da experiencia dos clubs de lectura e como exemplo o IES Alexandre Bóveda
e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.

Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de a utores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler.hora_de_ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»
«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»
Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:

«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»
«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.

Grazas Segrel. Iso é exactamente o que queremos expresar tamén dende Mesturas.

Saturday 28 November 2009

Sorprendente New Zealand Book Council!

Desde logo non se queixarán en Nova Zelanda de que non se potencia a lectura desde esta institución. Ademais da campaña publicitaria da entrada anterior, investigamos un pouco e descubrimos unha iniciativa chamada “Read at Work”. A súa finalidade é que a xente ocupe eses momentos da xornada laboral nos que non hai moito que facer en ler. Que tes medo de que o xefe te cache lendo no traballo? Non hai problema: o Consello do Libro de Nova Zelanda creou un sitio web para axudarche. Os usuarios pódense descargar unha chea de libros gratis que teñen o formato de diapositivas PowerPoint co aspecto de ser serios informes económicos. Só un exame moi coidadoso pode delatar ao infractor que le na oficina ou na empresa. Presentámosvos un exemplo da interfaz do escritorio, que imita á perfección a de Windows XP, por se non o creedes.

Publicidad das antípodas para animar á lectura

Campaña do New Zealand Book Council para promover a lectura e difundir a obra dos seus escritores, como este “Going West” de Maurice Gee. Interesante. A que si?

Friday 27 November 2009

Mis hombres

É o título dun artigo de Maruja Torres no País de hoxe. E está ben. Está ben porque a inmensa maioría dos homes son exactamente así. E tamén hai que contalo. Especialmente nun día como hoxe, despois de todo o publicado.

"De todos los hombres que haya en mi vida, ninguno será más que yo".

    Aproveché el Día Internacional contra la Violencia de Género para reflexionar acerca de los hombres de mi vida que ni son ni han sido más ni menos que yo, y que me han ayudado a ser y a estar. Como me he hecho vieja con relativa sabiduría, y porque a veces les hablo a ustedes en voz baja, me voy a permitir homenajearles en esta columna.

Al hombre que me enseñó a leer y escribir, meciéndome en sus rodillas. Al hombre que me inoculó su pasión por los libros y por la libertad interior de la lectura. Al hombre que me ayudó a cruzar la línea divisoria entre la ciudad y el gueto. Al hombre que cuando me sabía dolorida me decía: "Vuelve a la redacción, éste es tu hogar". Al hombre que me abrió su mundo para que me pudiera pertrechar con alimentos del alma que me ayudarían a salir a la lucha. Al hombre que me acompañó durante diez años, mientras los dos crecíamos sin hacernos más daño que el de los estiramientos rápidos. Al hombre que me dio trabajo diciéndome que yo valía. Al hombre que me dijo por primera vez: "Tú puedes, tú debes". Al hombre que me acompañó en mis duelos. Al hombre con el que hablo de cine y de la enfermedad y la muerte.

Al hombre que vino a mi casa la noche después de aquella en que fui violada, y me hizo el amor con toda la ternura necesaria para que no repercutiera en mí ese involuntario contacto con uno que era menos que cero. Al hombre que se ríe conmigo y hasta de mí y que me permite mantener la fatuidad controlada y la generosidad en improvisación permanente.

De estos hombres muchos están muertos y otros me sobrevivirán. Pero en este corazón tienen su sitio, y ninguno ha dejado de entibiarme la vida durante un solo día.

Va por ellos. Va por vosotros.

Thursday 26 November 2009

Rematemos con música

E rematamos con esta escolma musical tan suxestiva que tomamos prestada do Segrel.

Wednesday 25 November 2009

Máis recursos para o 25 -N

Coma sempre as Bibliotecas escolares Galegas movilízanse por estas datas. Presentamos o video dos nosos amigos Trafegando Ronseis a súa exhaustiva recompilación de recursos.
Un traballo impagable que queremos agradecer públicamente desde Mesturas.

“Dende Trafegando Ronseis miramos en derredor. Observamos. Procuramos solidariedade. Choramos. Enfadámonos. Publicamos. Falamos co noso alumnado. Facermos canto poidamos. A nosa meta? Un gran de area, só un gran que contribúa a erradicar unha das nosas teimas.
Mentres non saibamos respectarnos, mentres non entendamos que os seres humanos somos tod@ iguais, non existirá unha sociedade máis xusta. É o noso labor contribuír, procurala. Non desistiremos
.

Unha guía de lectura, unha máis. Grazas, como non, ao PLAMBE:

El abuso sexual de Dra. Patti Feuereisen. Unha de cada catro mozas son vítimas de abusos sexuais antes de chegar aos 16 anos. Moitas mulleres ocultan a súa historia.
Aquí máis literatura e cine.
Aquí máis música.
Aquí información e cifras.

Aquí toparás máis materiais.
E ademais:
Relatos culturais sobre o tema.

As Bibliotecas Escolares Galegas traballan arredor da violencia de xénero:

Aquí a historia das irmás Mirabal.
Aquí información sobre a desigualdade nos libros de texto.
Aquí, aquí, aquí e mais aquí unha de contos.
Unha webquest
aquí.
Muller e deporte
aquí.
Outra presentación sobre muller e publicidade
aquí.
Presentacións de alumnado
aquí.
Humor gráfico
aquí.
Texto de Eduardo Galeano
aquí.
Mulleres no chan
aquí.
Rosana mandounos o lazo do lateral.
Imaxes e carteis.

Cadernos de Vide mándanos unha ligazón para atopar recursos para traballar na escola e na casa chamada "Coeducación".
E Loly Lago desde
O Segrel mándanos esta fantástica presentación:

Parabéns, e...
moitas grazas!!!

Tuesday 24 November 2009

25 de Novembro

Ante a dificultade de abordar, un ano máis, un tema tan complexo como este, preferimos tomar prestadas varias voces máis autorizadas ca nosa. Queremos destacar en primeiro lugar os elementos gráficos do documento que vos presentamos, e que nos impactaron pola súa calidade. Son obra das artistas que participan no evento “Off the beaten path”, que propón unha reflexión sobre as causas últimas da violencia en diferentes culturas. Algúns dos traballos que aparecen no documento forman parte desta exposición. Outros non están incluídos na mostra, pero o que vimos gustounos tanto, que procuramos máis información das participantes e atopamos algunha que outra xoia, como podedes ver. No documento figuran os nomes de todas e cada unha das autoras.
Os textos están inspirados en dosieres da organización GBV, que traballa principalmente con colectivos africanos. Parecéronnos interesantes porque reflicten á perfección que cando unha sociedade xera violencia, esta afecta e prexudica individualmente a todos os seus membros e á comunidade mesma como ente social. 
Eeste lazo da biblioteca do
CEIP de Pazos

BE contra a Violencia de Xénero[1]

Tuesday 17 November 2009

Friday 13 November 2009

Xogo de espellos en Somalia

Sempre hai, como pouco, dúas formas de ver iso tan intanxible que chamamos realidade e que en ningún caso resulta simple ou fácil de definir e analizar. Agora que estamos inmersos nese circo mediático no que entre todos convertemos a retención do Alakrana e as posteriores ameazas de morte aos seus tripulantes, entendendo a difícil e complicada situación pola que pasan todas as persoas implicadas, ofrecémosvos esta curiosa mirada da produtora independente británica Journeyman Pictures sobre os efectos do fenómeno coñecido como piratería nas augas de Somalia.
Se logo de ver o vídeo apetécevos contrastar a información que aparece nos medios habituais con outros posicionamentos menos difundidos, propómosvos un interesante paseo polo blog de Félix Soria. Podedes botar unha ollada aquí. Deixando meridianamente claro que non queremos en absoluto defender a figura destes chamados piratas, nin pretendemos reivindicar as súas accións en absoluto, si pensamos que é necesario engadir algún elemento máis ao debate. Coñecemos a existencia deste vídeo a través do Departamento de Economía. Por suposto que é un excelente punto de partida para analizar e debater en clase un par de temas, polo menos…

Thursday 12 November 2009

Unha centésima de segundo

Unha fotógrafa deberá tomar unha importante decisión que supoñemos familiar para moitos reporteros que cubren conflitos armados. Que facer ante unha situación que implica perigo de morte para alguén, axudar e implicarse ou permanecer alleo ao que a cámara filma?

Tamén propón unha reflexión sobre a nosa falta de reacción ante o horror cotián que contemplamos cada día desde a comodidade dos nosos comfortables fogares. Volvémonos inmunes? Olvidamos que estamos a contemplar algo real e verdadeiro, algo terrible e inhumano?.

Xa veredes que é unha curta realmente impactante, a cuarta do equipo formado por Susan Jacobson e Alex Boden que anteriormente filmaron Bushido: the way of the warrior, Cracks in the ceiling e Couch conversation.

one_hundredth_of_a_second-cabecera

Wednesday 11 November 2009

Berlín

Cun pouco de atraso, logo dos eventos conmemorativos da caída do Muro, gustounos especialmente o dossier sonoro elaborado pola cadena Ser no que aparte de pode escoitar unha breve reseña histórica, podemos ter acceso a algunhas entrevistas con persoas que viviron este acontecemento directamente por diversas e variadas circunstancias. Tamén temos unha descrición da cidade no momento actual, o que non deixa ter o seu nterese. Como é Berlín agora, como afectou aos seus habitantes vivir eses acontecimentos tan especiais, que ten esta cidade que atrapa aos visitantes cos seus museos, o seu urbanismo e os seus enormes espazos verdes?
As imprescindibles fotografías da
East Gallery e como fondo musical a sempiterna Marlene Dietrich, Ute Lemper a quen non puidemos ver cando estivo en Vigo e ben que o sentimos e Sascha Schmitz, un dos cantautores de moda.
Para os máis esixentes temos esta escolma de temas musicais
inspirados precisamente na cidade de Berlín. Por algo será…
Aquí están os arquivos sonoros:
.

E aquí tedes unha ligazón a unhas magníficas vistas desde a cúpula da catedral de Berlín , que tomamos prestadas do noso blog amigo Iniciarte , que de paso recomendamos se é que aínda non o coñecedes




Created with Admarket's flickrSLiDR.

Monday 9 November 2009

HOXE ESTAMOS BEN CONTENTOS!!!

Hoxe estamos no Sánchez Cantón, todo hai que dicilo, ben content@s, coma meniños con zapatos novos. Acabamos de ler a resolución da Convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación, Dinamización e Innovación Educativa das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. E resulta que este ano fomos seleccionados Só unha ducia de centros galegos de ensino non universitario entre públicos y privados. E nós estamos aí. A verdade é que nos alegramos infinitamente porque isto supón un recoñecemento aos nosos compañeiros Marián Costa e Jesús Juanatey que levan anos dedicando horas e horas a traballar as tics. Ben o merecen. Moitos membros do claustro aprendemos con eles a movernos pola rede, a traballar en equipo, a ilusionarnos cos proxectos. Isto supón un empurronciño para seguirmos adiante pelexando por derrubar muros (hoxe que se cumpren os 20 anos do de Berlín), por achegar as novas tecnoloxías á educación.

Parabéns para Marián e Jesús.

Parabéns para tod@s nós.

REDETICS

Sunday 8 November 2009

Ocaso o amanecer del bibliotecario?

Nesta excelente presentación Catuxa Seoane comparte as súas ideas coas que argumenta a existencia dun novo amencer para os profesionais da información. Se visitades o seu blog podedes ter acceso a máis materiais igualmente interesantes.

Aínda que somos conscientes que temos moitísmo por aprender esperamos ir na boa dirección.

Mellor ver a presentación en Pantalla completa.

Thursday 5 November 2009

Consumo e o boca a boca nas redes sociais

Gústame este diagrama que acabamos de atopar curioseando pola rede. Resumindo moito vén dicir que as grandes compañías de marketing e publicidade cambiarán en breve as súas estratexias de venda ao detectamarketiing in a post consumer erar que se está a producir un cambio significativo nas tendencias dos consumidores a causa da famosa crise da que non parecemos querer saír, e onde todo apunta a que volveremos caer recorrentemente. Na primeira parte vemos os comportamentos das xeracións anteriores á época de consumo masivo, cando se compraba só o que se precisaba logo de deixarse aconsellar por familiares e amizades de confianza. Eran os tempos da reutilización; a xente encariñábase cos seus coches, a súa roupa, as súas posesións coma se fosen un membro máis da familia. Eran momentos en que todo se pagaba máis ou menos pronto porque había un rexeitamento social xeralizado cara ao endebedamento.

A segunda viñeta é fácil de interpretar. As compañías deben provocar no potencial cliente a necesidade de consumir inmediata e constantemente o máis novo, o mellor, en cantidades masivas. A idea para manter e aumentar beneficios é bombardear sen piedade aos consumidores potenciais para xerar a convicción de que as súas vidas carecen de todo sentido se non participan deste vórtice. Nada se repara, non paga a pena, o adquirido empeza a perder valor no momento preciso da compra. Todo é para desbotar. Todo é de usar e tirar. As débedas son benvidas.

A terceira parte, a máis interesante, mostra a aparición do temor xerado polas actuais circunstancias que fai que se operen cambios nos consumidores aproximando os seus comportamentos aos xa descritos na primeira fase. Imaxinade individuos coa mentalidade dos vosos avós con moitísimas máis competencias dixitais. Estes individuos, interconectados polas redes socias, establecen por fin barreiras de reflexión ante o bombardeo da publicidade. Pregúntanse de novo: realmente me cómpre? non teño xa algo similar en perfecto estado de uso? Teñen sentimentos de culpabilidade por un consumo excesivo. Empezan a valorar as empresas que ofrecen bos servizos de reparación e atención postvenda aos usuarios.
Neste contexto queremos resaltar o interesante e novo papel das redes sociais. Quizais sexa esaxerado dicir que crean realmente opinión, pero amplifican dun modo moi eficaz as opinións de moitísimos usuarios. Poden chegar a desempeñar de forma moito máis eficiente o antigo papel que tiñan os sabios consellos de familiares e amigos que comentabamos na primeira fase. Se é certo que esta é a lóxica evolución, e que vai producir modificacións de condutas duradeiras segundo un estudo aparecido en The Economist, as grandes firmas xa poden redeseñar as súas estratexias de venda. Ante individuos moito máis concienciados, informados, interconectados e responsables, o mercado xa non poderá volver ser o mesmo.

Diredes que non é especialmente novo nin orixinal. Probablemente teñades razón, pero gustoume velo tan claro nestes debuxiños tan ilustrativos.

Resumido, traducido e adaptado de Marketing in a Post-Consumer Era

A la sombra del ceibal

A la sombra del ceibal. Jorge Drexler

Resulta que Jorge Drexler compuxo esta canción para os nenos do Plan Ceibal. Drexler apoiou a iniciativa desde o principio convencido de que o reparto masivo de computadores e o acceso libre á rede desde os colexios públicos implica un cambio extraordinario para as oportunidades de formación dos escolares do seu pais.
Buscamos na rede e atopamos unha información bastante completa en Wikipedia, onde tamén se apuntan algunhas das dificultades para a implantación total do proxecto. É un resumo imprescindible para obter unha información un pouco máis precisa sobre esta iniciativa tan interesante.

Queremos dar as grazas aos amigos de Trafegando Ronseis, que nos puxeron sobre a pista da canción.

Tuesday 3 November 2009

A Revolución do Plan Ceibal

ceibal

Interesante o artigo de Rosa Montero no País...

Un país pouco máis grande ca Galicia no que todos os rapaces teñen un portátil. É posible, non lle hai que ter medo á informática, pódese facer ... se os uruguaios son quen, por que nós temos que ser menos. Hai anos foron moitos os galegos que colleron o baúl, gabearon polas escaleiras dun vapor e marcharon a Montevideo. A moitos profesores xa nos gustaría agora volver coller a maleta, subir a un baixo custo e ir ver esas escolas cheas de portátiles. Brasil, Uruguai... outra vez veñen as novidades das Américas, como cando os emigrantes traían un fonógrafo, a última moda.

Related Posts with Thumbnails