Wednesday, 11 November 2009

Berlín

Cun pouco de atraso, logo dos eventos conmemorativos da caída do Muro, gustounos especialmente o dossier sonoro elaborado pola cadena Ser no que aparte de pode escoitar unha breve reseña histórica, podemos ter acceso a algunhas entrevistas con persoas que viviron este acontecemento directamente por diversas e variadas circunstancias. Tamén temos unha descrición da cidade no momento actual, o que non deixa ter o seu nterese. Como é Berlín agora, como afectou aos seus habitantes vivir eses acontecimentos tan especiais, que ten esta cidade que atrapa aos visitantes cos seus museos, o seu urbanismo e os seus enormes espazos verdes?
As imprescindibles fotografías da
East Gallery e como fondo musical a sempiterna Marlene Dietrich, Ute Lemper a quen non puidemos ver cando estivo en Vigo e ben que o sentimos e Sascha Schmitz, un dos cantautores de moda.
Para os máis esixentes temos esta escolma de temas musicais
inspirados precisamente na cidade de Berlín. Por algo será…
Aquí están os arquivos sonoros:
.

E aquí tedes unha ligazón a unhas magníficas vistas desde a cúpula da catedral de Berlín , que tomamos prestadas do noso blog amigo Iniciarte , que de paso recomendamos se é que aínda non o coñecedes




Created with Admarket's flickrSLiDR.

5 comments:

Antonio Martínez said...

Iniciarte, que acaba de vir de Berlín, está publicando cousiñas...
Saúdos.

Antonio Martínez said...

Ahh... e por certo, preciosa "nova" biblio.

olga said...

Em camto á dimensión persoal (das persoas)foi un feito importante. Polo demáis, unha peza que conviña no deseño da nova Europa dos comerciantes. Nada que ver cos dereitos humanos, como queda demostrado na existencia de muros que a ninguén parecen preocupar. esta mezcla de dimensións no mesmo discurso, distorsiona as análises.
Erguéronse, despois muros en Europa que, tal vez, non son tan visibles pero moito máis impermeables.

directorio de blogs said...

Excelente blog, nos gustaría que dieras de alta tu blog en nuestro directorio de blogs www.guiaempresas.info ; Saludos

charo said...

Olga tes toda a razón. Encántame a túa reflexión e ata creo que a vou incorporar á entrada como fixen coas fotos de Toño. Son unha aproveitada. Bicos aos dous.
Grazas tamén aos visitantes do directorio de blogs . Xa nos pasamos

Related Posts with Thumbnails