Monday, 30 November 2009

Alguén sabe o que é o famoso Colisor de Hadróns?

“Apenas tres días despois de poñer de novo en funcionamento o Gran Colisor de Hadróns do CERN e de conseguir manter raios de luz en circulación dentro dos seus dous aneis, onte producíanse as primeiras colisións (voluntarias) de partículas no LHC”.

Todos os medios de comunicación facíanse eco da noticia e a verdade é que soaba moi ben aínda que non entendiamos exactamente que nos estaban a contar. Ademais tivemos algún reproche por parte dunha asidua visitante de Mesturas no sentido de que non estamos a facer ningún seguimento do ausnto malia a súa importancia e as súas futuras implicacións. Entendemos que era noso deber ler, e así o fixemos, algún artigo supostamente divulgativo que, na nosa opinión, non divulgaba demasiado ben. A piques xa de tirar a toalla atopamos estes videos tan esclarecedores nos que os propios científic@s do CERN cóntannos o que están intentando facer. Moi ben explicado todo. Agora xa temos unha idea bastante máis precisa. Encántanos a segunda intervención especialmente. Vía
cosasdeciencia.com

Impresionantes imaxes tridimensionais a pantalla completa aquí.

Algunhas moi boas fotos máis nesta ligazón.

Aquí podedes ver o acelerador en formato pop-up.

1 comment:

Marián said...

Realmente o segundo vídeo é moi ilustrador.
O meu recoñecemento polo bo traballo de divulgación científica que supón esta entrada de Mesturas

Related Posts with Thumbnails