Unha fotógrafa deberá tomar unha importante decisión que supoñemos familiar para moitos reporteros que cubren conflitos armados. Que facer ante unha situación que implica perigo de morte para alguén, axudar e implicarse ou permanecer alleo ao que a cámara filma?
Tamén propón unha reflexión sobre a nosa falta de reacción ante o horror cotián que contemplamos cada día desde a comodidade dos nosos comfortables fogares. Volvémonos inmunes? Olvidamos que estamos a contemplar algo real e verdadeiro, algo terrible e inhumano?.
Xa veredes que é unha curta realmente impactante, a cuarta do equipo formado por Susan Jacobson e Alex Boden que anteriormente filmaron Bushido: the way of the warrior, Cracks in the ceiling e Couch conversation.
3 comments:
Efectivamente moi impactate e efectista. Saúdos
Seguindo na mesma liña é destacable o proxecto do fotógrafo Gervasio Sánchez, "Vidas minadas: diez años"
http://www.vidasminadas.com/castellano/pagina1.htm
Tremendamente impactante... Case nada máis que engadir... quizáis que non só aos fotografos fáltalles (fáltanos) reacción ante situacións nas que deberiamos implicarnos máis e deixar de mirar dende a distancia do noso sofá.
Post a Comment