Thursday, 5 November 2009

A la sombra del ceibal

A la sombra del ceibal. Jorge Drexler

Resulta que Jorge Drexler compuxo esta canción para os nenos do Plan Ceibal. Drexler apoiou a iniciativa desde o principio convencido de que o reparto masivo de computadores e o acceso libre á rede desde os colexios públicos implica un cambio extraordinario para as oportunidades de formación dos escolares do seu pais.
Buscamos na rede e atopamos unha información bastante completa en Wikipedia, onde tamén se apuntan algunhas das dificultades para a implantación total do proxecto. É un resumo imprescindible para obter unha información un pouco máis precisa sobre esta iniciativa tan interesante.

Queremos dar as grazas aos amigos de Trafegando Ronseis, que nos puxeron sobre a pista da canción.

2 comments:

Bibliomanía said...

Sencillamente Dresler, coa sensibilidade que o caracteriza non só no terreo musical. Todo un acerto.

charo said...

Sï que é un acerto, o apoio a este tipo de iniciativas, quero dicir. Claro que haberá un montón enorme de problemas, falta de formación dos docentes, mal uso dos aparatos por parte dos rapaces, falta de materiais para lograr o máximo partido, problemas de asistencia técnica... claro que é unha iniciativa que de non ter un plan de seguimento e implementación, menos vistosos pero imprescindibles para a súa continuidade, pode quedar en nada. Pero aínda así...non me digades que, en principio, non é unha boa idea.

Related Posts with Thumbnails