Showing posts with label CONMEMORACIÓNS. Show all posts
Showing posts with label CONMEMORACIÓNS. Show all posts

Thursday, 8 March 2012

8 de Marzo. Día Internacional das mulleres. A arte como axente de cambio

Como todos os años,  neste 8 de marzo celébranse centos, miles de actos por todo o mundo para conmemorar os logros económicos, sociais e políticos que, aos poucos, van cambiando a realidade cotiá das mulleres.  Entre todas estas iniciativas queremos celebrar o día comentando de novo  a idea defendida desde Art Works for Change que propón a arte, a música, a creatividade como potentes instrumentos de concienciación e cambio social. A través desta iniciativa soubemos de artistas que non coñecíamos como as que nesta ocasión queremos presentarvos, sen tempo apenas para profundizar na súa obra, ás veces moi difícil de rastrexar na rede.
Atopamos alguns exemplos da obra destas mulleres para poder compoñer para vós esta  pequena e apresurada escolma e prometemos voltar máis detenidamente para informar dalgunhas delas,  para nós descoñecidas ata agora,  que nos pareceron especialmente interesantes. De momento aquí tedes esta breve primicia.

Tamén, a través da mesma  iniciativa,  atopamos este video cunha entrevista á compositora de hip hop Sister Fa, activista e defensora dos dereitos humanos.
.

 
 
diouf
Cheikh Diouf
felicite
Feilicité Codjo
wangechi
Wangechi Mutu
2
Wangechi Mutu II
wangechi 3
Wangechi Mutu III
kadidjatou
Khadidjatou Sow
amal kenawy
Amal Kenaway

Sister Fa AWFC from ZAP Zoetrope Aubry Productions on Vimeo.

Thursday, 25 November 2010

25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia de xénero.

“Todo empeza no núcleo dunha célula. Os cromosomas xúntanse. Os X e os Y serán determinantes, pero durante a primeira etapa despois da fertilización, os nenos aínda non son diferentes das nenas. Só na novena semana quedará claro que as gónadas deberán seguir medrando para, ou ben convertérense en testículos ou pola contra, repregárense para formar ovarios. Comeza a experiencia feminina. Repregarse, volverse cara a dentro. Aínda que algunhas culturas honran as misteriosas e invisibles calidades femininas, non é, con todo, o máis habitual. O normal é dar poder ao visible. Esa é a razón pola que a miúdo se supón que as mulleres deben permanecer ocultas, pequenas e silenciosas. Ou quizais decorativas, dispoñibles e doces. Ás veces, porén,  as mulleres levantan a súa voz e loitan, rebélanse. Ás veces as súas batallas teñen lugar nos céspedes aparentemente seguros das zonas residenciais, nas aulas luminosas, nos centros comerciais. As cicatrices tamén aparecen nestas contornas aparentemente benignas: as fráxiles costelas dunha rapaza anoréxica, o pé deformado por un tacón imposible, o riso impostado que resoa no corredor dun instituto… “

Traducido do prólogo á exposición itinerante “Off the beaten Path que propón reflexionar a través da arte sobre as raíces profundas culturais e sociais da violencia contra as mulleres. 
offthe beaten

Friday, 18 June 2010

Adeus a José Saramago

Hoxe foise un home comprometido, un escritor fundamental, un amigo das palabras, da comunicación…

jose-saramago-1

…pero O memorial do Convento quedará aí para sempre.

 
 

Podedes escoitar aquí un completo perfil de Saramago, a intensa historia dun escritor crítico e auténtico

E aquí podedes ler información e noticias sobre o escritor segundo van aparecendo

 

Saramago2

Monday, 17 May 2010

DEZASETE DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un cartel para o día das letras Galegas?
Que non caia nos tópicos? 
A ser posible que recolla os nosos intereses? 
Con estética nova e fresca?

Estasnos a pedir moito!!!! -pensamos todos nós, o alumnado de TIC, cando se nos fixo esta encomenda na clase.
Tiñamos que conseguir imaxes, mellor sen copyright, referentes ás artes que usan as palabras para crear  a cultura que define Galicia. Esta é máis que catedrais, máis que gaitas, máis que os xa consagrados autores. Costounos máis do esperado darnos conta que o teatro actual, as letras das cancións de todos os estilos musicais, as bandas deseñadas, as películas  e mesmo os nosos escritos conforman a riqueza cultural da sociedade galega e garanten a súa pervivencia no tempo, iso que chaman o relevo xeracional.
Si pero, como se mete iso nun cartel?
Por sorte tiñamos dous soportes, un, o tradicional papel, outro, un poster dixital, deses que teñen realidade na web e que suman imaxes, vídeos, sons.
O proceso foi daquela maneira. Un día ben, outro regular, un día tiñamos unha boa idea, e só era cuestión de controlar a técnica para facela efectiva. Outros días.... mellor non falar.
Resultou que a forma de traballo colectivo deu en resolver algún dos problemas: mentres un suxería unha cor ou estrutura diferente, outro buscaba ligazóns para contar con información complementaria, e unha cousa levaba á outra.
Coñecer as ferramentas informáticas é sen dúbida un apoio instrumental que favorece a creación. Niso estamos. Crear, imaxinar, deseñar o noso futuro cultural e vivencial.

Álvaro Caride-Tabares Sánchez
1º Bacharelato A
IES Sánchez Cantón
Pontevedra


Sara e Raquel ofrécenvos este cartel dixital

María comparte este outro

Benito e Álvaro fixeron isto para vos

Aquí tedes un regalo de Alejandro S. e Alberto

Cartel dixital ofrecido por Tanis e Javier
Iván e María crearon este cartel musical
Miguel e Javier idearon este

Aquí tedes un regalo de Antonio e Ismael

Cartel dixital ofrecido por Rodrigo e Óscar

Sabela e Zaida realizaron este poster

Manuel ideou este

Aquí tedes unha creación de Toni e Eloy
Glog ofrecido por Ana e Ester

Alejandro F. e Martín amósannos

Adrián e David ofrecen

Creación de Alejandro C. e Diego

Fran traballou neste

Grazas a
Álvaro gozamos deste poster

Saturday, 15 May 2010

Letras Galegas VII. Os poetas máis pequenos

Isto contan desde a biblioteca Escolar de Milladoriro. Malpica. Non podemos pechar esta escolma de materiais de tantos centros sen ter a sorte de gozar destas creacións.

Estes foron os poemas que crearon os nenos e nenas de 6ºB a partir de un que escolleron de entre os de Os Eidos que fan referencia a estancias da casa.
Sorprendente a capacidade de creación. Sorprendente a búsqueda que fixeron nos seus sentimentos para poñerse en situación, para trasladarse emocionalmente.
Foi un placer estar estes días sumerxidos no mundo novoneyrano, volver a vista hacia dentro.
Propóñovos que os leades con atención. Son moi bos!”

 

Letras Galegas VII

E para rematar a escolma de materiais en torno a figura de Novoneyra queremos destacar moi  especialmente este documento do alumnado do ciclo de Agraria do IES de Arzúa. Non imos definir un traballo que non o precisa. Parabéns ás persoas que o fixeron posible.

Un agradecemento aos compañeir@s do ENL do CPI O Progreso de Catoira polos materiais que utilizamos formando parte da nosa decoración para a celebración das Letras no centro.

E  a recomendación de visitar a páxina da Asesoría de Bibliotecas Esolares de Galicia para ver maís materiais, entre eles o fermoso calendario do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo)

Friday, 14 May 2010

Letras Galegas VI

Desde o IES  Poeta Díaz Castro de Guitiriz chega esta interesante información acerca do documental

TEMPO DE ELEXÍA
MARÍA MARIÑO, ENTRE EUGENIO NOVO E NOVONEYRA

Tamén este traballo colaborativo das BIBES Galegas, neste caso da Biblioteca Escolar de  Vilán IES pedra da Aguia  e a do Segrel do Penedo en Fene.

E tamén dende o IES Afonso X O Sabio (Cambre) nos chega este libro que entregarán ao alumnado con motivo do Día das Letras

E a Webquest Uxío Novoneyra, traballo conxunto do Segrel do Penedo e BiblioAfonso.

Delio do CPI "Luís Díaz Moreno"-Baralla envía esta postal sonora con fotos do pobo de Novoneyra (Parada) e poemas seus referidos a ese tempo. O poema  "Fontiña do Carabel", na última diapositiva,  está musicado polo coro “Sólo voces” . É un fermoso agasallo.

Thursday, 13 May 2010

Letras Galegas V. Poemas á rúa

Escolma poética elaborada polo alumnado e profesorado participante na actividade "Poemas á Rúa" que terá lugar o vindeiro venres, 14 de maio, na Plaza do Concello de Fene con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Damos as grazas aos amigos do Segrel.

Tuesday, 11 May 2010

Letras Galegas IV. Novoneyra e a memoria histórica

Isto é o que relata Delio, o coordinador do CPI "Luís Díaz Moreno" de Baralla para introducira súa magnífica presentación:
Desde neno escoitei unha historia aterradora que,  corenta anos despois,  Uxío retoma para facer un romance: "Manoel de Ribadaira" e así recuperar a memoria histórica. Como en moitos lugares de Galicia, e non só de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita. Manoel Cela foi unha delas.
No noso "cole" fixemos un traballo sobre este poema. Dividímolo en secuencias e unha compañeira do equipo de biblioteca fixo as ilustracións. Con ese material fixemos unha exposición. Para compartilo con vós, elaboramos esta presentación:”

Letras Galegas III

Outra escolma de poemas e imaxes en Biblioiris, a bitácora dos nosos bos veciños do IES Luís Seoane

LETRAS GALEGAS II

Desde Moaña, concretamente desde o CEIP de Quintenla, chega esta fermosa presentación de poemas para recitar.
.

Sunday, 9 May 2010

Letras Galegas I

Este curso celebraremos o Día das Letras Galegas dun xeito diferente. Ademáis das actividades organizadas polo ENDL das que iremos dando información durante os vindeiros días,  e dos eventos ao redor da iniciativa “Ben veñas Maio” imos celebrar un acto moi especial na biblioteca. Por qué “especial”? preguntaredes. Pois porque será un acto enteramente voso, onde un grupo de alumnado mostrará o que sodes capaces de facer e de crear desde as nosas proprias raíces e desde a nosa cultura que é única e irrepetible.

Polo momento imos comezar a publicación dunha serie de materiais sobre o poeta Uxío Novoneyra aos que temos acceso grazas, unha vez máis a xenerosidade das bibliotecas integradas no PLAMBE.

Dende o CEIP de Pazos (Ferrol), Chispa achéganos este fermoso cartel con motivo do Día das Letras.

Saturday, 1 May 2010

Historia do Dia Internacional do Traballo

Historia dos mártires de Chicago que daría lugar ao Día Internacional dos Traballadores

Traballemos

Volvemos a publicar unha presentación que fixemos hai xa algún tempo e que mostra a diversidade inmensa do mundo laboral e tamén das condicións tan diferentes en canto a seguridade e dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

Monday, 26 April 2010

Unha ferramenta sinxela e útil

Coñecemos Flixtime grazas ao blog de Antonio Alonso. Facemos unha pequena proba para ver o resultado e…voilá. A verdade é que non está nada mal. É doado e deixa insertar música, textos (moi curtos, claro), videos e imaxes. Interesante.  Grazas Antonio.

Saturday, 24 April 2010

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. PARA QUE LES?

Un curso máis o Dia do Libro.

Esta edición ben merecía un pequeno esforzo extra. Todo comezou, hai xa bastantes meses, coa iniciativa Para que les?, unha interesante reflexión sobre a lectura, que desde o blog da ONG Implicadas no Desenvolvemento,  foi  rápidamente secundada por tantas persoas, entre elas, bastantes dos nosos escritores e escritoras. 103 bibliotecas escolares galegas, nada menos, puxéronse tamén en movemento e de moitas delas empezaron a chegar materiais complementarios e declaracións dos principios lectores do alumnado, as súas familias, autoridades municipais, deportistas, veciños…Contamos tamén coa impagable colaboración de Jaime Eizaguirre, que nos regalou o seu tempo e a súa imaxinación e deseñou para nós os carteis da exposición. Era cuestión de cada centro organizarse o mellor posible para sacar o maior partido a estes materiais tan aproveitables.

Este foi o noso reto e, a verdade, custounos superalo. Resultou ser un camiño bastante longo e laborioso en que moitas persoas, durante horas interminables, recortaron, redeseñaron, deconstruíron e reinventaron os entrañables ”monigotes” de Jaime ata convertelos en parte da súa paisaxe cotiá durante moitos días. Houbo quen transportou enormes caixas de electrodomésticos, reservadas en varias tendas, que aos poucos convertían a biblioteca nun almacén. Outros forraron as caixas sen comprender como algo que, en principio, debería levar non máis de 5 minutos convertíase nunha tarefa moito máis complexa e laboriosa. Tamén houbo que pintar, pegar, volver pegar o que se empeñaba en despegarse e pór a proba a capacidade de invención de varias persoas para converter todas estas enormes e deslucidas caixas en vistosos e luminosos contenedores que convencen a calquera que pase polo seu carón a querer saber as múltiples razóns que  nos achegan á lectura. O amplo vestíbulo do centro está totalmente invadido por estas contundentes e simpáticas presenzas que permanecerán connosco varios días. Grazas ao traballo colaborativo das bibliotecas escolares galegas contamos tamén cunha interesante escolma de testemuñas de persoas pertencentes a moi diversos ámbitos e profesións: deportistas, xornalistas, actores e políticos deixáronse fotografiar lendo e aportan interesantes opinións e preferencias literarias.082

As escaleiras están decoradas coas achegas do alumnado de 1ª ESO que preguntou a irmáns maiores, pais, nais e familiares. Ata temos colaboracións dalgún escritor relevante, veciño de Pontevedra.
Un espazo moi especial do vestíbulo está reservado ao magnífico traballo realizado por alumnado de 4ª ESO para o Salón do Libro infantil e Xuvenil, que nesta edición tivo como tema
a cidade.

Por último, é un pracer informar desde Mesturas do recital poético conmemorativo do centenario do nacemento de Miguel Hernández organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Queremos resaltar o papel protagonista, tanto na presentación do acto como no recitado de poemas, do grupo de alumnado que compón “Tinta Viva”, o noso club de lectura. O acto tivo o seu momento culminante cunha magnífica interpretación a capella ,vibrante e chea de emoción, de “Vientos del Pueblo”. Tamén asistimos, a continuación, á tradicional entrega de premios aos gañadores do concurso literario que cada ano organiza o Departamento.
Non faltou a invitación a pastas á hora do café por parte do equipo da Biblioteca e o sorteo de 4 libros entre o profesorado como un pequeno agasallo de agradecemento pola súa colaboración ao longo do curso. Agradecemos moitísimo as múltiples felicitacións de tantos compañeiros e o apoio e os parabéns do equipo directivo. Unha festa do libro estupenda. Estamos emocionad@s. 069_(2)

Queremos agradecer moi especialmente o magnífico traballo de coordinación de toda esta actividade de tantos centros ás compañeiras Loly do Segrel do Penedo e a Olga de Biblioteca Milladoioro Malpica. Grazas tamén polas súas interesantes e valiosas recompilacións que mostramos nesta mesma entrada.
E grazas, como non,  a tantos compañeiros e compañeiras e, sobre todo, ao alumnado do centro por facer posible este día tan especial.

Unha montaxe apresurada con algunhas fotos para que vos fagades unha idea do que acabamos de contar.

 

 

Sunday, 21 March 2010

Día Mundial da Poesía

Hoxe é o Día mundial da Poesía.

Hai uns días en Vigo Joan Báez sorprendeu a todos con esta preciosidade

Mentres haxa poetas haberá vida..!

 

Friday, 19 March 2010

Día do Pai

padre2 

Está Galicia dispuesta a perder también su lengua tras haber consentido la ruina de sus costas, el deterioro histórico de sus villas, la vulgarización de sus ciudades y la destrucción de buena parte de su medio natural?

Fermín Bouza, prensa do día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Durante meses estiveron dándolle voltas á agulla de marear polos famosos tres terzos... Agora, de súpeto, esquécese a xenial ocorrencia dos tres terzos e lánzase un discurso de recambio: o do presunto equilibrio. Que pasou co inglés?... pois pasou que se xogaba de farol... mentres na realidade se estaban a recortar os orzamentos das escolas oficiais de idiomas en toda Galicia

Manuel Rivas, prensa do día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Triste é o cantar que cantamos...

Rosalía, nai e señora.... o día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Agora cómprevos dicir, mozos da nosa Terra, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encarados co porvir... Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos e afrontar nela unha peregrinaxe sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: ¡Máis alá!

Manuel Antonio, galego e poeta... no día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Os tempos son chegados...

Eduardo Pondal, no Himno ... no día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Tuesday, 9 March 2010

Ao redor do 8 de marzo: Cartaces e Glogster

Aproveitando a data facemos unha pequena proba en Glogster para ver que tal vai e a verdade é que cun pouco de tempo e paciencia, pódense facer composicións bastante sinxelas de montar con diversos materiais e un resultado moi atractivo. Utilizamos cartaces do portal de Good 50x70, interesante iniciativa que utiliza a creatividade para chamar a atención sobre este e outros temas nunca solventados.

Xa vedes que a montaxe pódese ver a tamaño xigante e  é compatible con case todas as plataformas. Está ben para composicións do alumnado, penso, porque é moi sinxela e permite insertar videos, sons, textos…. Haberá que investigar a versión para fins educativos. Aínda non tivemos tempo.

Related Posts with Thumbnails