“Todo empeza no núcleo dunha célula. Os cromosomas xúntanse. Os X e os Y serán determinantes, pero durante a primeira etapa despois da fertilización, os nenos aínda non son diferentes das nenas. Só na novena semana quedará claro que as gónadas deberán seguir medrando para, ou ben convertérense en testículos ou pola contra, repregárense para formar ovarios. Comeza a experiencia feminina. Repregarse, volverse cara a dentro. Aínda que algunhas culturas honran as misteriosas e invisibles calidades femininas, non é, con todo, o máis habitual. O normal é dar poder ao visible. Esa é a razón pola que a miúdo se supón que as mulleres deben permanecer ocultas, pequenas e silenciosas. Ou quizais decorativas, dispoñibles e doces. Ás veces, porén, as mulleres levantan a súa voz e loitan, rebélanse. Ás veces as súas batallas teñen lugar nos céspedes aparentemente seguros das zonas residenciais, nas aulas luminosas, nos centros comerciais. As cicatrices tamén aparecen nestas contornas aparentemente benignas: as fráxiles costelas dunha rapaza anoréxica, o pé deformado por un tacón imposible, o riso impostado que resoa no corredor dun instituto… “
Traducido do prólogo á exposición itinerante “Off the beaten Path” que propón reflexionar a través da arte sobre as raíces profundas culturais e sociais da violencia contra as mulleres.
No comments:
Post a Comment