arece que no ano 1957 inseríron unhas imaxes de promoción de Coca-Cola nunha película a unha velocidade tal que o ollo humano non as podía percibir. Como resultado, parece que o consumo da bebida aumentaba substancialmente.
Empezaremos por aclarar que unha mensaxe subliminal é un sinal ou mensaxe preparada para que sexa recibida por baixo dos límites normais da percepción, sendo percibida só polo subconsciente.
A partires do libro titulado The Hidden Persuaders de Vance Packard, publicado en 1957, explicábase un estudo levado no cine Fort Le, de Nova Xersei. O director de devandito cine encargoulle a un publicista o deseño duns carteis publicitarios para aumentar as vendas. Influído polas teorías psicoanalistas, o publicista propuxo ao dono da sala a posibilidade de inserir unhas simples frases como “Drink Coca-Cola” cada 5 segundos da película Picnic. Parece que a proba foi un éxito, pois as vendas aumentaron un 57,8%.
Máis tarde, o publicista declarou que todo foi unha montaxe e que o experimento nunca chegou a realizarse. Efectiva ou non é un feito que a publicidade subliminal utilízase como técnica de marketing aínda que supuestamente é ilegal por atentar contra a liberdade de elección das persoas.
Coca-Cola utilizou esta circunstancia como xogo e pretexto para seguir publicitando a súa coñecida bebida, como podedes ver no primeiro video.
Pero no segundo xa non é un xogo. É auténtica publicidade subliminal pura e dura no GP de Brasil de fórmula I durante este mesmo ano 2010.

.
No comments:
Post a Comment