Monday, 17 May 2010

DEZASETE DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un cartel para o día das letras Galegas?
Que non caia nos tópicos? 
A ser posible que recolla os nosos intereses? 
Con estética nova e fresca?

Estasnos a pedir moito!!!! -pensamos todos nós, o alumnado de TIC, cando se nos fixo esta encomenda na clase.
Tiñamos que conseguir imaxes, mellor sen copyright, referentes ás artes que usan as palabras para crear  a cultura que define Galicia. Esta é máis que catedrais, máis que gaitas, máis que os xa consagrados autores. Costounos máis do esperado darnos conta que o teatro actual, as letras das cancións de todos os estilos musicais, as bandas deseñadas, as películas  e mesmo os nosos escritos conforman a riqueza cultural da sociedade galega e garanten a súa pervivencia no tempo, iso que chaman o relevo xeracional.
Si pero, como se mete iso nun cartel?
Por sorte tiñamos dous soportes, un, o tradicional papel, outro, un poster dixital, deses que teñen realidade na web e que suman imaxes, vídeos, sons.
O proceso foi daquela maneira. Un día ben, outro regular, un día tiñamos unha boa idea, e só era cuestión de controlar a técnica para facela efectiva. Outros días.... mellor non falar.
Resultou que a forma de traballo colectivo deu en resolver algún dos problemas: mentres un suxería unha cor ou estrutura diferente, outro buscaba ligazóns para contar con información complementaria, e unha cousa levaba á outra.
Coñecer as ferramentas informáticas é sen dúbida un apoio instrumental que favorece a creación. Niso estamos. Crear, imaxinar, deseñar o noso futuro cultural e vivencial.

Álvaro Caride-Tabares Sánchez
1º Bacharelato A
IES Sánchez Cantón
Pontevedra


Sara e Raquel ofrécenvos este cartel dixital

María comparte este outro

Benito e Álvaro fixeron isto para vos

Aquí tedes un regalo de Alejandro S. e Alberto

Cartel dixital ofrecido por Tanis e Javier
Iván e María crearon este cartel musical
Miguel e Javier idearon este

Aquí tedes un regalo de Antonio e Ismael

Cartel dixital ofrecido por Rodrigo e Óscar

Sabela e Zaida realizaron este poster

Manuel ideou este

Aquí tedes unha creación de Toni e Eloy
Glog ofrecido por Ana e Ester

Alejandro F. e Martín amósannos

Adrián e David ofrecen

Creación de Alejandro C. e Diego

Fran traballou neste

Grazas a
Álvaro gozamos deste poster

2 comments:

Carla said...

Que bos traballos! encantanme! miñas felicitacións para o alumnado de TIC

Anonymous said...

Que fantástico traballo, paréceme algo xenial, e unha moi boa idea aplicar os coñecementos a algo concreto e tan importante como o día das nosas letras. A miña noraboa máis sinceira e tamén a miña admiración.

Related Posts with Thumbnails