O alumnado de TIC realizou durante o presente curso un traballo magnífico que empezaremos a mostrar a partires de agora. Para comezar, esta breve escolma das Andadeiras elaboradas, que presentamos coa ferramenta Issuu. En principio as Andadeiras realizáronse co programa Publisher. No proceso aprenderon a traballar con marcadores sociais, neste caso Diigo, para seleccionar os contidos que consideraban pertinentes. Tamén aprenderon a compartir documentos e información con Google Docs. Para a organización e xestión de todo o proceso utilizouse a aula virtual do centro.
A primeira serie de Andadeiras ten como finalidade dar pautas para facer boas presentacións en PowerPoint. A segunda serie trata sobre seguridade e boas prácticas no ámbito TIC.
Esta claro que este grupo de alumnado foi quen de atopar e seleccionar o información, traballar de forma colaborativa e organizar e difundir os contidos creados deseñando una maquetación estética e precisa.
Tamén aprenderon cal é a filosofía subxacente á web 2.0 e entenderon a necesidade de establecer boas prácticas tales como utilizar criterios de fiabilidade das fontes e citar bibliografía e webgrafía.
Lamentamos que non sexa posible mostrar en Mesturas as 14 Andadeiras elaboradas por razóns obvias. Intentámolo pero pesan demasiado. En breve, sen embargo, proporcionaremos a ligazón á Aula Virtual para mostrar todo o traballo realizado.
Dúas Andadeiras pasarán a formar parte da correspondente sección de Educación Documental na web do centro.
Parabéns por este traballo tan ben feito.
Presentacións PowerPoint |
|
|
Boas prácticas e seguridade no entorno TIC |
|
|
2 comments:
Pois si que é un bo traballo, inmediatamente vou a vosa aula virtual (que por certo teño como "libro de cabeceira permanente" para traballar cos meus alumnos), para ver que podo aprender que seguro é un motón.
Grazas por este e todos os traballos tan ben feitos que realizades dende o IES Sánchez Cántón
É certo que o traballo cumpre todos os parámetros do que é a aprendizaxe significativa. O resultado é moi digno e o proceso moi interesante. Prepararon tamén algún material para o Día das Letras Galegas que é unha pequena sorpresa. Ë a razón pola que aínda non o imos publicitar.
Grazas Marina.
Post a Comment