Sunday, 30 May 2010

MercaArsConstructor

Rematamos unha edición máis de MercaArs Constructor, unha das nosas actividades favoritas . Queredes curiosear polo curso Moodle e ver algúns dos materiais propostos e o foro de discusión? Só tedes que entrar aquí como convidados. Cando rematedes a visita probablemente teñades algunhas respostas ás nosas preguntas.

  • Quen determina que algo é unha obra de arte?
  • Existe un gusto de clase, é dicir, un xuízo de valor común aos individuos dunha mesma orixe ou dun mesmo panorama social?
  • O gusto Kitsch revela a posición social de quen o posúe?
  • Tod@s temos necesidades estético-artísticas ou só algunhas persoas necesitan unha relación coa arte?
  • Hai institucións que fan negocio coa arte? Cales?
  • Hai algún tipo de creador que sexa libre respecto ás institucións que transforman a obra de arte en diñeiro?
  • Que pasa cando as chamadas artes primarias abandonan o seu lugar de orixe, a aldea, o asilo, o taller do xubilado... para ser instaladas nun museo?
  • Que quere dicir a afirmación de que o museo é unha fábrica de arte?
  • Como evitar estar sometidos á tiranía dos xuízos dominantes e oficiais en cuestión de arte?
  • Que pretende a clase dominante coa súa propaganda cultural, crear artistas e escritores ou lectores e admiradores?
  • Que función teñen @s galeristas, directores de museos, crític@s de arte, comisari@s de exposicións?
  • En que momento un mexadoiro pode converterse nunha obra de arte?
  • Que distingue o urinario de Duchamps de calquera outro fabricado?
  • Unha reprodución fotográfica da Gioconda é unha obra de arte? E unha reprodución dunha foto de Ouka Leele?
  • O fabricado industrialmente pode ser unha obra artística?
  • Na arte todo está permitido?
  • A producción artística ten que estar sometida a normas morais?
  • É máis importante a obra rematada ou o proceso de realización da mesma?
  • A arte debe estar ao alcance de todos, é dicir, ten que ser popular e non de élite?
  • A arte de masas, tamén chamado arte espectáculo perde calidade?
  • As persoas nacen ou se fan artistas?
  • Que actividades son consideradas hoxe arte e non o serían na antigüidade? Cales das consideradas noutro tempo arte non o son agora?
  • Que funcións ten a arte?
  • Que é a arte dixital?
  • Que nos referimos coas expresións forma e contido dunha obra de arte?
  • De onde provén a arte segundo Freud?
  • A arte ten máis valor cando é unha reprodución fiel da realidade?
  • Cal é a diferencia entre arte e artesanía?

Encantounos a sesión final na biblioteca na que todos os participantes tiñan preparada a súa proposta de Obra de Arte e viñan perfectamente documentados para defendela.

Estas son as vosas propostas cun breve resumo das xustificacións.  Parabéns a todos e todas. Creo que aprendemos moitísimo no proceso.

No comments:

Related Posts with Thumbnails