Monday, 24 May 2010

Mulleres de Vide

Onte coñecemos ás mulleres de Vide e realmente non sabemos que dicir sen caer en tópicos  pouco afortunados propios de quen chega de visita nunha tarde case demasiado perfecta para evitar o risco de análises  demasiado simplistas. Non imos falar da realidade destas mulleres que apenas somos quen de intuir pero si da súa xenerosidade ao dedicarnos unha tarde enteira do seu prezado tempo e cantar e bailar para nós. É imposible despedir a estas mulleres sen ter a sensación de ter asistido a un espectáculo privilexiado de gaitas e pandeiretas que falan de proxectos compartidos capaces de conseguir que calquera realidade, por dura que sexa, pódese volver máis luminosa se somos quen de aprender a coidar os uns dos outros. 
Da nosa anfitriona Sabela Lahuerta e da súa compañeira e  amiga Lurdes, que imos dicir. Toda nosa a admiración e afecto máis sinceiros. A visita á unitaria de Vide debería ser obrigatoria para todos os docentes.

Só hai que pasar de cando en vez polo  seu blog Cadernos de Vide para ter unha vaga idea do que alí cociñan día a día. Porque neste caso a realidade supera sobradamente o que o blog deixa intuír. Grazas a Loly polas imaxes que vos mostramos.

escolade vide
pandereteiras2

 

vide3

 

vide4

vide5

3 comments:

Loly said...

Despois desta entrada pouco máis queda por dicir, salvo que a subscribimos completamente.
Apertas dende Fene

pandereteira said...

Moitas grazas a vos por esta entrada no blog e sobre todo polas palabras e os aplausos que nos adicáchedes o sábado.
Ata o ano que ven!

MESTURAS said...

Pois claro que ata o ano que ven!. Coidade ben desas lampreas.

Related Posts with Thumbnails