Wednesday, 23 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. III Repercusión das TIC no mundo do traballo e as mulleres.

Non foi un tema doado o que tiveron que traballar Fernando Gefaell Silvia Chan e Paula Cabeza.
Houbo ademais  algunha  pequena incidencia na organización da sempre complexa cuestión dos horarios cando están implicados varios grupos de alumnado. Esta foi a razón pola que Silvia e Paula non puideron estar presentes na exposición do tema que traballaron conxuntamente con Fernando e foi el quen tivo que expoñer o resultado das súas pesquisas ante os compañeiros de 4º ESO. Fernando falou moi convincentemente e fixo que tod@s reflexionaramos sobre aspectos tan interesantes como:

  • A perda da separación do lugar de traballo e lugar de descanso. As repercusións sobre a organización das tarefas do fogar e a familia. 
  • A deslocalización das empresas.
  • As condicións laborais que implican as retribucións por obxectivos.
  • As dificultades que supón a simultaneidade do traballo: o doméstico máis o profesional.
  • As dificultades de relación co resto de traballador@s

Aínda que por suposto  tamén hai moitísimas facetas positivas como a facilidade de organización e obtención de axudas que as ferramentas dixitais supoñen para as mulleres, especialmente en determinados contextos e a maior oportunidade de obtención de mellores postos de traballo, mesmo en altos niveis de responsabilidade que ata agora non tiñan acadados.

Houbo unha información máis detallada sobre o acceso as TIC de colectivos de mulleres mexicanas e tamén referencias ao interese nestas ferramentas por parte dalgunhas asociacións de mulleres xitanas.

FERNANDO GEFAELL VALCARCE
SILVIA CHAN VÁZQUEZ
PAULA CABEZA RAMOS

No comments:

Related Posts with Thumbnails