Thursday, 12 November 2009

Centésimas de segundo

Unha fotógrafa deberá tomar unha importante decisión que supoñemos familiar para moitos reporteros que cubren conflitos armados. Que facer ante unha situación que implica perigo de morte para alguén, axudar e implicarse ou permanecer alleo ao que a cámara filma?

Tamén propón unha reflexión sobre a nosa falta de reacción ante o horror cotiá que contemplamos cada día nos nosos comfortables fogares. Volvémonos inmunes, olvidamos que estamos a contemplar algo real e verdadeiro, algo terrible e inhumano.

Xa veredes que é unha curta realmente impactante a cuarta do equipo formado por Susan Jacobson e Alex Boden que anteriormente filmaron BUSHIDO: THE WAY OF THE WARRIOR, CRACKS IN THE CEILINGCOUCH CONVERSATIONS.

 

one_hundredth_of_a_second-cabecera

Wednesday, 11 November 2009

Berlín

Cun pouco de atraso, logo dos eventos conmemorativos da caída do Muro, gustounos especialmente o dossier sonoro elaborado pola cadena Ser no que aparte de pode escoitar unha breve reseña histórica, podemos ter acceso a algunhas entrevistas con persoas que viviron este acontecemento directamente por diversas e variadas circunstancias. Tamén temos unha descrición da cidade no momento actual, o que non deixa ter o seu nterese. Como é Berlín agora, como afectou aos seus habitantes vivir eses acontecimentos tan especiais, que ten esta cidade que atrapa aos visitantes cos seus museos, o seu urbanismo e os seus enormes espazos verdes?
As imprescindibles fotografías da
East Gallery e como fondo musical a sempiterna Marlene Dietrich, Ute Lemper a quen non puidemos ver cando estivo en Vigo e ben que o sentimos e Sascha Schmitz, un dos cantautores de moda.
Para os máis esixentes temos esta escolma de temas musicais
inspirados precisamente na cidade de Berlín. Por algo será…
Aquí están os arquivos sonoros:
.

E aquí tedes unha ligazón a unhas magníficas vistas desde a cúpula da catedral de Berlín , que tomamos prestadas do noso blog amigo Iniciarte , que de paso recomendamos se é que aínda non o coñecedes




Created with Admarket's flickrSLiDR.

Monday, 9 November 2009

HOXE ESTAMOS BEN CONTENTOS!!!

Hoxe estamos no Sánchez Cantón, todo hai que dicilo, ben content@s, coma meniños con zapatos novos. Acabamos de ler a resolución da Convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación, Dinamización e Innovación Educativa das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. E resulta que este ano fomos seleccionados Só unha ducia de centros galegos de ensino non universitario entre públicos y privados. E nós estamos aí. A verdade é que nos alegramos infinitamente porque isto supón un recoñecemento aos nosos compañeiros Marián Costa e Jesús Juanatey que levan anos dedicando horas e horas a traballar as tics. Ben o merecen. Moitos membros do claustro aprendemos con eles a movernos pola rede, a traballar en equipo, a ilusionarnos cos proxectos. Isto supón un empurronciño para seguirmos adiante pelexando por derrubar muros (hoxe que se cumpren os 20 anos do de Berlín), por achegar as novas tecnoloxías á educación.

Parabéns para Marián e Jesús.

Parabéns para tod@s nós.

REDETICS

Saturday, 7 November 2009

Ocaso o amanecer del bibliotecario?

Nesta excelente presentación Catuxa Seoane comparte as súas ideas coas que argumenta a existencia dun novo amencer para os profesionais da información. Se visitades o seu blog podedes ter acceso a máis materiais igualmente interesantes.

Aínda que somos conscientes que temos moitísmo por aprender esperamos ir na boa dirección.

Mellor ver a presentación en Pantalla completa.

Thursday, 5 November 2009

Consumo e o boca a boca nas redes sociais

Gústame este diagrama que acabamos de atopar curioseando pola rede. Resumindo moito vén dicir que as grandes compañías de marketing e publicidade cambiarán en breve as súas estratexias de venda ao detectamarketiing in a post consumer erar que se está a producir un cambio significativo nas tendencias dos consumidores a causa da famosa crise da que non parecemos querer saír, e onde todo apunta a que volveremos caer recorrentemente. Na primeira parte vemos os comportamentos das xeracións anteriores á época de consumo masivo, cando se compraba só o que se precisaba logo de deixarse aconsellar por familiares e amizades de confianza. Eran os tempos da reutilización; a xente encariñábase cos seus coches, a súa roupa, as súas posesións coma se fosen un membro máis da familia. Eran momentos en que todo se pagaba máis ou menos pronto porque había un rexeitamento social xeralizado cara ao endebedamento.

A segunda viñeta é fácil de interpretar. As compañías deben provocar no potencial cliente a necesidade de consumir inmediata e constantemente o máis novo, o mellor, en cantidades masivas. A idea para manter e aumentar beneficios é bombardear sen piedade aos consumidores potenciais para xerar a convicción de que as súas vidas carecen de todo sentido se non participan deste vórtice. Nada se repara, non paga a pena, o adquirido empeza a perder valor no momento preciso da compra. Todo é para desbotar. Todo é de usar e tirar. As débedas son benvidas.

A terceira parte, a máis interesante, mostra a aparición do temor xerado polas actuais circunstancias que fai que se operen cambios nos consumidores aproximando os seus comportamentos aos xa descritos na primeira fase. Imaxinade individuos coa mentalidade dos vosos avós con moitísimas máis competencias dixitais. Estes individuos, interconectados polas redes socias, establecen por fin barreiras de reflexión ante o bombardeo da publicidade. Pregúntanse de novo: realmente me cómpre? non teño xa algo similar en perfecto estado de uso? Teñen sentimentos de culpabilidade por un consumo excesivo. Empezan a valorar as empresas que ofrecen bos servizos de reparación e atención postvenda aos usuarios.
Neste contexto queremos resaltar o interesante e novo papel das redes sociais. Quizais sexa esaxerado dicir que crean realmente opinión, pero amplifican dun modo moi eficaz as opinións de moitísimos usuarios. Poden chegar a desempeñar de forma moito máis eficiente o antigo papel que tiñan os sabios consellos de familiares e amigos que comentabamos na primeira fase. Se é certo que esta é a lóxica evolución, e que vai producir modificacións de condutas duradeiras segundo un estudo aparecido en The Economist, as grandes firmas xa poden redeseñar as súas estratexias de venda. Ante individuos moito máis concienciados, informados, interconectados e responsables, o mercado xa non poderá volver ser o mesmo.

Diredes que non é especialmente novo nin orixinal. Probablemente teñades razón, pero gustoume velo tan claro nestes debuxiños tan ilustrativos.

Resumido, traducido e adaptado de Marketing in a Post-Consumer Era

Wednesday, 4 November 2009

A la sombra del ceibal

A la sombra del ceibal. Jorge Drexler

Resulta que Jorge Drexler compuxo esta canción para os nenos do Plan Ceibal. Drexler apoiou a iniciativa desde o principio convencido de que o reparto masivo de computadores e o acceso libre á rede desde os colexios públicos implica un cambio extraordinario para as oportunidades de formación dos escolares do seu pais.
Buscamos na rede e atopamos unha información bastante completa en Wikipedia, onde tamén se apuntan algunhas das dificultades para a implantación total do proxecto. É un resumo imprescindible para obter unha información un pouco máis precisa sobre esta iniciativa tan interesante.

Queremos dar as grazas aos amigos de Trafegando Ronseis, que nos puxeron sobre a pista da canción.

Tuesday, 3 November 2009

A Revolución do Plan Ceibal

ceibal

Interesante o artigo de Rosa Montero no País...

Un país pouco máis grande ca Galicia no que todos os rapaces teñen un portátil. É posible, non lle hai que ter medo á informática, pódese facer ... se os uruguaios son quen, por que nós temos que ser menos. Hai anos foron moitos os galegos que colleron o baúl, gabearon polas escaleiras dun vapor e marcharon a Montevideo. A moitos profesores xa nos gustaría agora volver coller a maleta, subir a un baixo custo e ir ver esas escolas cheas de portátiles. Brasil, Uruguai... outra vez veñen as novidades das Américas, como cando os emigrantes traían un fonógrafo, a última moda.

Related Posts with Thumbnails