Thursday 20 December 2007

A DESCANSAR!

De Ferry Halim , o noso deseñador de xogos favorito, para que practiquedes, sen pasarvos, nestas vacacións.
É moi doado, tedes que xogar co coelliño, sen comérvolo, iso si, e facer que vaia subindo polas campás. Non fai falta facer clic co rato, só sinalar co cursor a campá á que queredes que vaia. As pombas dan bonos extras. Practicade sen pasarvos.

FELICES FESTAS E ATA O ANO QUE VEN!
.

Sunday 16 December 2007

Ceumar

Esto dise de Ceumar, para nós un descubrimento que fixemos onte durante a 5ª edición de Cantos na Maré

"A carreira internacional de Ceumar é unha realidade desde 2006, cando iniciou un traballo musical co pianista holandés Mike Del Ferro realizando shows en Holanda e Bélxica. Ceumar leva na bagaxe unha carreira independente de dez anos producindo discos propios e participando activamente en proxectos colectivos e variados no Brasil e no exterior".

Ten 3 discos: Dindinha é o seu disco de estrela, lanzado no 2000. Producido por Zeca Baleiro, que a cualificou como “a voz da delicadeza nestes tempos furiosos".




Divinha o que primeiro
Vem amor ou vem dindim
Dindinha, dê dinheiro
Carinho e calor pra mim
Minha casa não tem porta
Minha horta não tem fruta
Quem me trata é moura torta
Lingua morta quem te escuta
Meu tesouro é uma viola
Que a felicidade oculta
Se a vida não dá receita
Eu não vou pagar a consulta
Sob o céu azul me deito
Me deleito, me desnudo
Coração dentro do peito
Não foi feito pra ter tudo
A mentira é uma princesa
Cuja beleza não gasta
E a verdade vive presa
No espelho da madrasta...

Friday 14 December 2007

Cantosnamaré



Como proposta para o sábado e por se alguén se anima a vir a Pontevedra, mañá día 15 hai un concerto de Cantos na Maré, que como sabedes pretende trazar un mapa común entre os diversos territorios da lusofonía a base de ritmos, sons e melodías. Interveñen, Uxía e Mercedes Peón ás que tod@s coñecemos e tamén por Brasil Ceumar, Nancy Vieira de Cabo Verde, Paulo Flores de Angola e JP Simoes de Portugal.
Xa non é posible adquirir entradas por venda anticipada pero aínda tedes o sabado de 11,00 a 14,00 no Teatro Principal e de 19,30 ao comezo do espectáculo no Pazo da Cultura.

Son 11 euros. Animádevos que promete ser interesante.

Thursday 13 December 2007

Aínda máis cine


Para completar o post anterior propómosvos unha visita especial para os máis cinéfilos de tod@s vos: The American Widescreen Museum. Está en inglés pero non importa demasiado porque ten unha orientación moi visual. Veredes que hai seccións moi suxestivas como a galería de posters clásicos que permite velos bastante ampliados. Ademais, para os máis entusiastas, proporciona unha información interesante, pero sen angustiar con demasiados detalles, sobre os sucesivos avances técnicos que foron conformando a sétima arte. Moi recomendable, aínda que só sexa para entrar e dar un paseo relaxado porque a páxina é bastantes exhaustiva e ten moitas seccións. Iso se podedes soportar a cor do deseño, un pouco subida de ton para o noso gusto, pero xa se sabe, para gustos...

Wednesday 12 December 2007

Máis cine, por favor...


Que é o que os fai suxestivos?

Poden ser a causa de que decidamos ver unha película ou, pola contra, deixala pasar para sempre ?

Perden a súa forza e o seu magnetismo ao longo dos anos?

Unha boa oportunidade para ver reunidos 100 carteis de películas de distintas épocas e estilos...



Monday 10 December 2007

Nace ODOS, falando de dereitos humanos...

Nace en España o primeiro observatorio sobre homofobia e transfobia ODOS, que xorde da necesidade de promover un maior recoñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade.

O 80% das agresións homófobas non se denuncia, principalmente pola dificultade que poidan ter moitas persoas se o seu ámbito familiar ou laboral non coñece a súa orientación sexual,

  • O observatorio nace pola necesidade de promover un maior coñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade e para lograr erradicar esta secuela. Para iso, dispón dunha páxina web (stophomofobia.com) que permite denunciar os casos de homofobia,

Baixo o lema Vivo en liberdade, ODOS iniciou unha campaña para fomentar o espírito crítico ante a homofobia e a transfobia. A web contén diversas seccións con todo tipo de información, desde boletíns a noticias do todo o mundo e diversas seccións como Denuncia, Coñece os teus dereitos ou ¡Actúa! nas que se achega información. As denuncias que reciben as asociacións xorden principalmente de actitudes homófobas en publicidade ou medios de comunicación, a negación do acceso a servizos, as agresións físicas ou verbais e o acoso laboral e escolar.


O seguinte documento expresa desafortunadamente a opinión dunha parte da sociedade ante a homosexualidade, considerándoa un problema e unha alteración que debe ser necesariamente correxida. Pensamos que é a nosa obriga explicitar que tamén hai outros enfoques que abordan a homosexualidade dende unha perspectiva totalmente diferente. Aquí podedes atopar unha ampla e rigurosa bibliografía. No expositor de libros na vestíbulo do instituto temos algún título e podedes solicitar máis sempre que o estimedes oportuno.


Sunday 9 December 2007

O Mundo do cine e os dereitos humanos


"EL GRAN DICTADOR"
PELÍCULA INTERPRETADA POR CHARLES CHAPLIN "CHARLOT"

Discurso final de Charlot, o Charlot que, aproveitando o seu parecido físico con Hitler, se dirixe aos soldados dispostos a conquistar o mundo.
Charlot lles recorda que non hai que combater pola escravitude, que deben loitar en prol da liberdade e a xustiza, que hai lugar para a esperanza.

PODEDES FACER DESTA VIDA UNHA RADIANTE AVENTURA
PODÉIS HACER DE ESTA VIDA UNA RADIANTE AVENTURA

Realmente lo siento pero no aspiro a ser emperador. Eso no es nada para mí. No pretendo regentar, ni conquistar nada de nada. Me gustaría ayudar, en lo posible, a cristianos y judíos... negros y blancos. Todos tenemos el deseo de ayudarnos mutuamente. La gente civilizada es así. Queremos vivir de nuestra dicha mutua... no de nuestra mutua desdicha. No queremos despreciarnos y odiarnos mutuamente. En este mundo hay sitio para todos. Y la buena tierra es rica y puede garantizar la subsistencia de todos. El camino de la vida puede ser libre y magnífico, pero hemos perdido ese camino. La voracidad ha envenenado el alma de los hombres, ha rodeado el mundo con un círculo de odio y nos ha hecho entrar marcando el paso de la oca en la miseria y la sangre. Hemos mejorado la velocidad, pero somos esclavos de ella. La mecanización que trae consigo la abundancia nos ha alejado del deseo. Nuestra ciencia nos ha vuelto cínicos. Nuestra inteligencia, duros y brutales. Pensamos en exceso y no sentimos bastante. Tenemos más necesidad de espíritu humanitario que de mecanización. Necesitamos más la amabilidad y la cortesía que la inteligencia. Sin estas cualidades la vida sólo puede ser violenta y todo está perdido. La aviación y la radio nos han acercado los unos a los otros. La naturaleza misma de estos inventos requería la bondad del hombre y reclamaba una fraternidad universal para la unión de todos. En este momento, mi voz llega a miles de seres esparcidos por el mundo.
A aquéllos que puedan comprenderme les digo: No desesperéis, la desgracia que ha caído sobre nosotros no es más que el resultado de un apetito feroz de la amargura de unos hombres que temen el camino del progreso humano. El odio de los hombres pasará y los dictadores perecerán, y el poder que han usurpado al pueblo volverá al pueblo.
Soldados, no os entreguéis a esos brutos, hombres que os desprecian y os tratan como esclavos, hombres que rigen vuestras vidas, imponen vuestros actos, vuestros pensamientos: que os amaestran y os hacen ayunar, os tratan como ganado y os utilizan como carne de cañón. No os pongáis en manos de esos hombres contra natura, de esos hombres máquinas con corazones de máquinas.
¡Vosotros no sois máquinas! ¡Vosotros no sois ganado! ¡Vosotros sois hombres! ¡Vosotros lleváis el amor de la humanidad en vuestros corazones! No odiéis. Sólo los que no son amados odian. Los que no son amados y los anormales... Soldados, ¡no combatáis por la esclavitud! Combatid por la libertad.
En el capítulo diecisiete del Evangelio, según S. Lucas, está escrito:
«El Reino de Dios está en el hombre mismo». No en un solo hombre, ni en un grupo de hombres, ¡en todos los hombres! y vosotros ¡vosotros el pueblo! tenéis el poder para crear máquinas. El poder para crear felicidad. Vosotros el pueblo tenéis el poder para crear esa vida libre y espléndida... para hacer de esa vida una radiante aventura. Entonces, en nombre de la democracia, utilicemos ese poder... ¡Unámonos todos! luchemos por un mundo nuevo, un mundo limpio que ofrezca a todos la posibilidad de trabajar, que dé a la juventud un porvenir y resguarde a los ancianos de la necesidad.
Prometiendo estas cosas, gente ambiciosa se ha hecho con el poder. Pero ¡ha mentido! No han mantenido sus promesas, ¡ni las mantendrán jamás! Los dictadores se han liberado pero han domesticado al pueblo. Combatamos ahora para que se cumpla esta promesa. Combatamos por un mundo equilibrado... Un mundo de ciencia, en el que el progreso lleve a todos a la felicidad.
¡Soldados! en nombre de la democracia ¡unámonos!

Saturday 8 December 2007

O dereito a ser e a dicirse ateo

Cando reivindicamos a liberdade de expresión se pensa moitas veces en lugares afastados coma se entre nós todos tiveramos ese dereito máis que acadado, pero a realidade social vén sendo outra.
Hai moitas cousas que temos que calar, polas que é mellor pasar de puntiñas para non espertar demasiado rexeitamento, sobre todo cando non se é ninguén famoso nin con prestixio recoñecido.
Dicirse ateo, proclamar o ateísmo non é fácil, non hai templos para iso, e polo que se ve as institucións políticas non están moito polo labor, así en Toledo as autoridades municipais puxeron mil atrancos para que o Primeiro Concilio de Ateos non se celebrase alí.
Na organización están personaxes como Gonzalo Puente Ojea, Leo Basi e o filósofo Agustín Izquierdo que por fin conseguiron que se estea a celebrar este fin de semana.
Máis información da Federación Internacional de Ateos.

O mundo das letras e os dereitos humanos

La Aventura Humana
Osset Hernández, M.
Ed. Icaria, Barcelona, 2005.

Recompilación de trinta contos populares que corresponden a cada un dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. O autor quere amosar que en calquera tradición existe a lo menos un conto que é posible utilizar para transmitir os valores que enuncian os dereitos humanos polo tanto forma parte do acervo colectivo da humanidade.

Neste libro atoparedes os seguintes contos:
Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero
Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai
Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado

Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora

Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y
el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato

Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante

Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
quechua: El cuento de Pedro Lache
saharaui: El honor

sioux: El águila y el cazador
tibetano: La hija de los dragones
vasco: Catorce
... que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.

CITAS

"La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov)

"Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi)

"La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi)

"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi)

"No hay más calma que la engendrada por la razón". (Séneca)

"La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore)

"El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú)

"Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan)

"Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum)

"Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel)

"Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss)

"A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)

Friday 7 December 2007

O mundo da música e os dereitos humanos

DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO LUNS, "DIA DOS DEREITOS HUMANOS" OS BLOGS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS UNIRÉMONOS PARA AMOSAR A NOSA LOITA EN PROL DOS NOSOS DEREITOS.

Fíjate bien (Juanes)

Te han quitado lo que tienes
Te han robado el pan del dia
Te han sacado de tus tierras
Y no parece que termina aqui
Despojado de tu casa
vas sin rumbo a la ciudad
sos el hijo de la nada
sos la vida que se va
Son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
Y no te olvides de esto no no no
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies amor
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminasno vaya ser que una mina
te desbarate los pies...
Ya no se quien es el dueño
de tu vida y de la mia
solo se que hay un cuento
que no parece que termina aqui
Como dicen en los diaros
y como dicen en la tele
y como dicen en la radio
que no parece que termina aqui
son los niños son los viejos
son las madres somos todos,
caminandoy no te olvides de esto no no no
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una minate desbarate los pies
(amor/por favor/amor
)Por que ellos no van a buscarte
ellos no van a salvarte
ellos no van ellos no van no no
y tu no lo vas a creer

Where is the love (Black eyed peas)Rosa de la paz (Amaral)Streets of Philadelphia (Bruce Springsteen)Black eyes, blue tears (Shania Twain)I will survive (Gloria Gaynor)
free music

Moriarty: canción folk dende territorios imaxinarios.

Nun mundo imaxinario cheo de sons ecléticos, estéticas impostadas e varianzas informais, caben propostas como a dos Moriarty. Apátridas por definición, xogan ao equívoco, á fusión fronteiriza máis carnal e subxectiva: ocultan a súa orixe, mais non as súas referencias. Máis próximos á imaxinería dun Dylan acústico ou á tenrura dun Will Ackerman reconvertido ao country que á canción folk de Pete Seeger, beben da Irlanda emigrada e da canción de autor máis cabareteira para elaborar unha música de texturas acarameladas, arranxos espidos e letras descarnadas. Esquecede o argumento da procedencia: simplemente, Moriarty. Cun primeiro disco no mercado, "Gee whiz but this is a lonesome town" (Deschamps & Makeïeff/Naïve, 2007), son xa unha realidade.

A guerra dos mundos


Unha curiosidade para os que decidistes non saír de viaxe nesta ponte tan aproveitable. Esculcando no País dixital vemos esta recomendación para ver unha boa parte das portadas e ilutracións interiores da Guerra dos Mundos, de H.G-Wells, que ven editándose ininterrompidamente durante 100 anos, nada menos. Unha oportunidade para ver, entre outras cousas, como foi evolucionando o deseño gráfico.

Wednesday 5 December 2007

Alguen@nalgures.com

Utilizamos moito o signo @ que serve para escribir as direccións de correo electrónico. Pero de onde ven?
A palabra ´"arroba" vén do idioma árabe: ar-roub, que significa catro. O signo arroba, que hoxe é o símbolo de internet e a modernidade, foi creado na Idade Media!. O signo @ naceu cara ao século VI da palabra latina ad que significa "a" ou "cara a". E crese que ten as súas orixes nunha práctica dos copistas medievais que utilizaban o @ para ligar as letras"a" e "d". Este símbolo enóntrase por primeira vez en documentos comerciais de Florencia, Italia, no século XIII representando unha unidade de medida, a ánfora, e no século XVI en España, representando a arroba, unha medida de peso moi utilizada tamén en América. No século XIX, nos Estados Unidos utílizase tanto, que aparece nas primeiras máquinas de escribir e, un século máis tarde, nos teclados dos primeiros ordenadores. Non obstante, nesa época xa non se utiñliza case nada. "Un símbolo que xa non sirve para nada?" dixo para si Ray Tomlinson en1971. "Perfecto, vou poder utilizalo para crear as direccións electrónicas..." cousa que fixo, co éxito que todos coñecemos!
Áínda máis: En inglés @ dise at, os rusos chámano "o cadelo", os turcos"a orella", os suecos"pau de canela", os serbios"a tolo", os daneses "trompa de elefante", os holandeses"rabo de mono" e os franceses " a caracol"


Se vos interesou esta información podedes atopar moitísimas máis curiosidades tanto ou máis interesante que esta nun libro que acabamos de mercar e que é unha pequena xoia. Chámase Todas as RESPOSTAS ás PREGUNTAS que NUNCA te FIXECHES. Philippe Nessmann e Nathalie Choux. Factoría K de libros.


Ah! e ten un formato precioso.

Tuesday 4 December 2007

Obradoiro de narrativa promovido pola ANPA


Hoxe na biblioteca volveu estar Manuel Lourenzo traballando co alumnado seleccionado para o Obradoiro. O plan vai adiante e despois de lles mostrar como hai que facer para narrar algo con xeito, agora elas e eles vanse poñer mans á obra e darlle vida a uns personaxes nacidos na nosa biblioteca. En xaneiro xa se irá sabendo que foi deles. Polo medio anda Pasarón, un dragón...

Excelente o traballo e preparación do Director do obradoiro..

As mulleres que escriben tamén son perigosas


Despois do éxito de As mulleres que len son perigosas, aparece este As mulleres que escriben tamén son perigosas. É certo que probablemente existan outros libros onde se recollen biografías e abundantes estudos sobre a maioría delas, pero vai ser difícil resistirse a este formato tan suxestivo ao que nos ten afeitos o autor. Fala de mulleres que escriben, actividade reservada tradicionalemente aos homes, e sobre todo da difícil tarefa de superar estereotipos á que todas as mulleres deben enfrontarse, especialmente as mulleres creadoras para asumir as súas creacións con integridade. Primeiro hai que apartar capas e capas de prexuízos, do que se supón que os demais esperan delas e ver se queda algo ao rematar o proceso. Despois é necesario enfrontarse a decisión de compartir a propia epxeriencia cos demais, sen importar se determinados sentimentos van ser ou non do agrado doutros. Virginia Woolf o expresou perfectamente nunha época en que aínda se consideraba un xesto de soberbia que unha muller tivese a ousadía de dicir algo diferente ás estereotipadas historias infantís ou novelas excesivas e previsibles que se esperaban do seu colectivo: é o medo a expresar os propios sentimentos, a reacción ante as propias experiencias que adoitan diferir do que os demais esperan de nós, o que fai tan difícil achegarse ao acto de creación literaria honestamente. As mulleres que o intentaron ben merecen esta homenaxe, porque, como tantas outras noutros campos, fixeron máis doado o camiño.

Las mujeres que escriben también son peligrosas.Sefan Bollmann. Maeva. Madrid 2007.

Monday 3 December 2007

Tertulias na blogosfera


"Son los blogs, las relaciones que se crean entre ellos y los encuentros reales entre bloggers herederos del espíritu de las famosas tertulias literarias de antaño: Els catre gats, café Gijón?..."


Invitámosvos a botar unha ollada este excelente documento onde a súa autora Catuxa Seoane fala dos cambios substanciais na xestión da información e das curiosas similitudes entre os actuais blogs e os mellores faladoiros do pasado.
Vía a Nosa biblioteca

Related Posts with Thumbnails