O 80% das agresións homófobas non se denuncia, principalmente pola dificultade que poidan ter moitas persoas se o seu ámbito familiar ou laboral non coñece a súa orientación sexual,
- O observatorio nace pola necesidade de promover un maior coñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade e para lograr erradicar esta secuela. Para iso, dispón dunha páxina web (stophomofobia.com) que permite denunciar os casos de homofobia,
Baixo o lema Vivo en liberdade, ODOS iniciou unha campaña para fomentar o espírito crítico ante a homofobia e a transfobia. A web contén diversas seccións con todo tipo de información, desde boletíns a noticias do todo o mundo e diversas seccións como Denuncia, Coñece os teus dereitos ou ¡Actúa! nas que se achega información. As denuncias que reciben as asociacións xorden principalmente de actitudes homófobas en publicidade ou medios de comunicación, a negación do acceso a servizos, as agresións físicas ou verbais e o acoso laboral e escolar.
O seguinte documento expresa desafortunadamente a opinión dunha parte da sociedade ante a homosexualidade, considerándoa un problema e unha alteración que debe ser necesariamente correxida. Pensamos que é a nosa obriga explicitar que tamén hai outros enfoques que abordan a homosexualidade dende unha perspectiva totalmente diferente. Aquí podedes atopar unha ampla e rigurosa bibliografía. No expositor de libros na vestíbulo do instituto temos algún título e podedes solicitar máis sempre que o estimedes oportuno.
3 comments:
Menudo video que atopachedes... Estou horrorizada. Claro que hai moitos homosexuais que sufren..., pero é porque existen persoas como este individuo, José Luis Requero, que para maior vergonza ocupan postos da relevancia de ser un vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, que son capaces de dicir estas barbaridades e seguen ahí...
Se eu tivera un pai como este "pailán" dende logo tampouco estaría orgullosa, máis ben todo o contrario...
¿Tan pouco avanzamos que seguen existindo estas opinións?
Pois tes razón. Se eu teño un fillo ou filla homosexual precupareime e sentirei pena, coma él, pero por motivos moi diferentes: porque terá que aprender a defenderse de persoas intransixentes que probablemente fagan que a súa vida sexa innecesariamente difícil e dolorosa.
Este señor debe dimitir, a homofobia, como a xenofobia, deben ser erradicadas da nosa sociedade; son tan graves as declaracións de este individuo que penso que é el o que ten que someterse a tratamientos psiquiatricos... a homofobia é unha neurosis.
É como si manifestase que as persoas de outras culturas ou outras relixións deben mudar é convertirse ao cristianismo porque ser musulman ou xudeu é estar trastornado... ¡que aberración!
Post a Comment