Cando reivindicamos a liberdade de expresión se pensa moitas veces en lugares afastados coma se entre nós todos tiveramos ese dereito máis que acadado, pero a realidade social vén sendo outra.
Hai moitas cousas que temos que calar, polas que é mellor pasar de puntiñas para non espertar demasiado rexeitamento, sobre todo cando non se é ninguén famoso nin con prestixio recoñecido.
Dicirse ateo, proclamar o ateísmo non é fácil, non hai templos para iso, e polo que se ve as institucións políticas non están moito polo labor, así en Toledo as autoridades municipais puxeron mil atrancos para que o Primeiro Concilio de Ateos non se celebrase alí.
Na organización están personaxes como Gonzalo Puente Ojea, Leo Basi e o filósofo Agustín Izquierdo que por fin conseguiron que se estea a celebrar este fin de semana.
Na organización están personaxes como Gonzalo Puente Ojea, Leo Basi e o filósofo Agustín Izquierdo que por fin conseguiron que se estea a celebrar este fin de semana.
No comments:
Post a Comment