Nun mundo imaxinario cheo de sons ecléticos, estéticas impostadas e varianzas informais, caben propostas como a dos Moriarty. Apátridas por definición, xogan ao equívoco, á fusión fronteiriza máis carnal e subxectiva: ocultan a súa orixe, mais non as súas referencias. Máis próximos á imaxinería dun Dylan acústico ou á tenrura dun Will Ackerman reconvertido ao country que á canción folk de Pete Seeger, beben da Irlanda emigrada e da canción de autor máis cabareteira para elaborar unha música de texturas acarameladas, arranxos espidos e letras descarnadas. Esquecede o argumento da procedencia: simplemente, Moriarty. Cun primeiro disco no mercado, "Gee whiz but this is a lonesome town" (Deschamps & Makeïeff/Naïve, 2007), son xa unha realidade.
Friday, 7 December 2007
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment