Están son as que máis nos gustan e as que máis utilizamos polo momento. En todas elas hai ligazóns ás correspondentes páxinas e tamén exemplos de documentos elaborados no centro. Esperamos que esta escolma sexa de utilidade.
Wednesday, 25 April 2012
Sunday, 15 April 2012
Soundcloud: música na nube
Gústanos esta ferramenta para compartir sonidos na nube. Moi doada de utilizar, cun reproductor moi orixinal e participativo.
SoundCloud é unha rede socialque proporcionan canles para a distribución de música e sons. SoundCloud analiza a canción e a súa onda sonora, co obxectivo de que calquera que a estea escoitando poida deixar o seu comentario nun momento determinado do audio.
Este reproductor pódese inserir en páxinas webs ou noutras redes sociais de modo que cando se fai unha actualización en SoundCloud aqueles sitios que enlacen o reproductor quedarán actualizados.
Wednesday, 21 March 2012
Type in motion: A visita.
| Esta é a animación Slow Motion para os créditos da fascinante “Resacón en Vigo” que esperamos ver algún día. |
| Estes son só algúns dos exemplos dos materiais que podedes ver na mostra |
| "Subterranean Homesick Blues" é unha canción composta polo cantante estadounidense Bob Dylan. Foi incluída no álbum Bringing It All Back Home, editado o 22 de marzo de 1965. Esta canción inspirou, xa en 1965, un dos primeiros vídeoclips da historia da música, no cal Dylan exhibe carteis con distintas palabras e frases da canción. Durante o episodio, o poeta Allen Ginsberg fai un cameo. Wikipedia. |
| Un vídeo clip feito exclusivamente con tipografía? Pois si. En The Child, Alex Gopher pon a música e Antoine Bardou-Jacquet o deseño. A curta conta a historia do traxecto dunha parella ata o hospital onde ela dará a luz despois dunha accidentada viaxe pola cidade onde cada elemento está representado tipográficamente. Unha preciosidade. |
| Ludorama é unha reflexión, unha mensaxe crítica cara ás nosas formas de consumo. Calquera que vexa todos estes logos, máis de 2.000, inmediatamente sabe de que marca estamos a falar e o que esas marcas significan. É alucinante decatarse da cantidade de memoria que utilizamos nas mensaxes publicitarias e a potencia dos mundos que estas constrúen. Nicolás Schmerkin, un dos produtores, fundador do estudo realizador Ludovic Houplain, que recibiu o Oscar á mellor curta en 2010, é un arxentino que vive en Francia. |
Tuesday, 8 March 2011
8 de Marzo. Día da Muller Traballadora. Somos máis que caras
E para culminar os materias elaborados para esta conmemoración que este curso decidimos traballar moi especialmente, queremos presentar este documento aos lectores de Mesturas.
A creación destas caras pintadas sobre unha placa metálica con pintura cerámica correu a cargo dun grupo de mulleres: alumnas, nais, profesoras...
Algunhas foron elaboradas nas casas, sacando un pouco de tempo das tarefas cotiás.
Outras na biblioteca do instituto, nun pequeno obradoiro despois da xornada laboral.
Todas serán sorteadas como parte das múltiples actividades en torno ao Día da Muller Traballadora que este curso celebraremos o LUNS 14 DE MARZO
Serán un agasallo para o noso alumnado e tamén pretenden ser unha pequena homenaxe a todas as mulleres que a diario asumen e crean novas tarefas e espazos de visibilidade.
Grazas moi especiais a Carmen Pernas que ten o don de espertar ao artista que habita en cada persoa.
Grazas a todas as creadoras destas caras tan valiosas.
8 de marzo. Día da Muller Traballadora. Mandís
Dificilmente podemos atopar unha peza que simbolice mellor as tarefas domésticas tradicionalmente asumidas polas mulleres que o mandil. Ademais da elaboración de todos os materiais que viñemos expoñendo durante estes días o alumnado de 1º BAC TIC deste curso tivo un reto máis: converter 26 mandís en mensaxes que conviden a reflexionar sobre roles e estereotipos e poñan en valor as tarefas compartidas. Estes mandís sortearanse entre o alumnado como parte do acto que celebraremos na Biblioteca o luns 14 de marzo.
Todos estes deseños foron executados co programa Fireworks. Todos son orixinais e precisaron de moitas horas de traballo.
Grazas polo voso esforzo.
Monday, 7 March 2011
Procesos de alfabetización informática en persoas maiores, especialmente en mulleres.
O que parecía que ía ser un tema algo aburrido ao final resultou ser todo o contrario. Miguel Alonso Pena, Mariña Andón e David Antelo engancharon a toda a audiencia. Falamos dos avós e avoas e o seu comportamento como usuarios das TIC, dos seus temores, as súas dúbidas e as súas preguntas reflectidas nalgún vídeo en clave de humor. Pasamos logo a tratar das vantaxes das que os maiores poden gozar cunhas destrezas mínimas. Cun esforzo perfectamente asumible estas persoas poden obter información sobre as súas localidades, a súa contorna ou os seus intereses e afeccións. Falamos tamén da axuda que os netos poden prestar, das características que deben ter os equipos ou os xogos cos que os maiores poden iniciarse e das iniciativas autonómicas ou municipais das que poden beneficiarse. Definitivamente estamos certos de que a partir de agora os asistentes a esta exposición tentarán botar unha man aos seus avós e avoas con paciencia e sentido do humor, que é a mellor maneira de tender pontes entre as persoas.
| MIGUEL ALONSO PENA |
| MARIÑA ANDÓN |
| DAVID ANTELO |
Blogs
Non podiamos rematar estas sesións sen falar dos blogs, unha das ferramentas máis populares da web 2.0. Falamos de Mesturas e aproveitamos a oportunidade para contar o papel que desempeñan os blog en difundir e informar o traballo en rede das bibliotecas escolares galegas. Tamén falamos do seu uso como ferramenta educativa utilizada por algúns docentes porque dadas as súas características son apropiados para promover o traballo colaborativo entre o alumnado. Ademais o blog pode ser unha opción individual ou colectiva interesante para manter un diálogo constantemente actualizado cos visitantes sobre calquera tema do noso interese. Vimos algunhas das ferramentas que os bloggers utilizan para lograr máis tiron entre os seus lectores. Pedro Gefaell e Iago Félix Solla tiveron o detalle de crear un blog exclusivamente para a charla e até puidemos ver unhas nocións prácticas de como engadir un gadget pegando unha secuencia de código html ou como utilizar o editor para publicar unha entrada. A ver se alguén se anima.
|
|
| PEDRO GEFAELL |
Violencia de xénero na rede. Elementos que a impulsan e elementos que a combaten
Probablemente un dos temas máis difíciles de tratar pero que non podiamos pasar por alto nestas charlas. Sorte que Xabier Vilán, Adrián Roo e Silvia Chan, os relatores, case desde o principio deixaron claro os perigos que entrañaba. Tamén previñéronnos contra o enfoque recibido en tantos programas de televisión e mesmo algúns xornais ao caer constantemente no morbo e na difusión de detalles innecesarios. A charla concentrouse nos perigos ocultos do tratamento sexista que ás veces se fai da imaxe das mulleres na publicidade, ou mesmo nos requirimentos para certos postos de traballo. Aínda que aparentemente non hai relación algunha entre estes feitos e a violencia de xénero demostraron que inconscientemente se promove unha actitude cara ás mulleres como cidadás de segunda clase ás que se valora máis polo seu aspecto que por outras capacidades. vimos tamén todo tipo de asociacións de axuda, teléfonos nos que denunciar situacións de risco e algunha páxina interesante exclusivamente masculina onde moitos homes queren deixar clara a súa actitude contra actitudes machistas ou de violencia contra as mulleres. Vimos tamén a imaxe das mulleres que se proxecta nalgúns dos videoxogos máis populares e fomos convidados a reflexionar sobre as súas características.
| XABIER VILÁR |
| ADRIÁN ROO |
| SILVIA CHAN |
Wednesday, 2 March 2011
Sesións do alumnado 1ºBAC TIC na biblioteca. XII. As mulleres e a arte dixital
De novo un tema complexo e conceptual, nada doado de explicar a alumnos e alumnas tan novos. Con todo Uxía Couto, Brais García e Lucía Sobral saíron máis que airosos do reto. Primeiro sorprendéronnos a todos coa estética do fondo dos seus tres glogs, moi adecuada para o contido que nos ían expor. Empezaron contándonos cales eran os presupostos que definen a arte dixital e quedounos claro que, á parte dos soportes utilizados máis ou menos innovadores e ligados ás novas tecnoloxías, estas creacións fannos reflexionar sobre o propio concepto de arte. Seica o alumnado asistente escoitou por primeira vez que a arte dixital permite acceder e crear obras de arte fóra das canles habituais e non depende para a súa creación, exhibición e goce exclusivamente de museos e galerías. A continuación, como xa ocorreu en días anteriores coa exposición do tema sobre Ciberfeminismo , vemos a conexión entre arte dixital e reivindicación destes novos espazos de visibilidade por parte das mulleres ao utilizar estas ferramentas para crear as súas propias manifestacións artísticas e non limitarse só a pousar como modelos como viña ocorrendo na maioría dos casos noutras manifestacións artísticas máis tradicionais e menos trasgresoras. Recomendamos especialmente que visitedes o seu traballo, os vídeos e algunhas das moitas galerías virtuais propostas.
| UXÍA COUTO |
| BRAIS GARCÍA |
| LUCÍA SOBRAL |
Monday, 28 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. XI. Google
Despois de que cada uns dos grupos de 4º ESO asistisen dúas veces a estas sesións durante a semana pasada, agora é a quenda dos máis pequenos. Iniciamos as sesións esta mañá con Google como tema central. Primeiro Daniel e Manuel describiron brevemente as ferramentas que ían utilizar para a exposición dos seus materiais: unha ampla exposición que se apoiaba no uso de dous glogs e tamén en Issuu e Vuvox. Logo pasaron directamente a falarnos do omnipresente e todopoderoso Google a quen, con todo, poderiamos sacar moito máis partido se o soubésemos “espremer” mellor. Esperamos que despois da charla de hoxe os asistentes sexan capaces de efectuar procuras máis precisas, e tamén coñecer todos os servizos deste potente motor de búsqueda: gozar das delicias de Google Art, explorar con Google Maps. ou botar unha ollada a Google Books e isto son só algúns exemplos. Preferides saber inmediatamente a equivalencia entre dúas moedas de países diferentes ou dispor dunha calculadora sempre a man?. A partir de hoxe xa sabedes como.
|
|
| DANIEL DE LA TORRE |
| MANUEL COUTO |
.
..
Saturday, 26 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC.TIC na biblioteca. X. Traballo colaborativo.
| |
| SARA SERTAL |
| ZIQIU ZHANG |
Sesións do alumnado 1º BAC. TIC na Biblioteca. IX. Tipos de licencias
| |
| PABLO DÍEZ |
| |
| VERÓNICA DO AMARAL |
Friday, 25 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. VIII. Ciberfeminismo.
| PABLO PASTOR |
| |
| CAROLINA SANMARTINO |
Sesións do alumnado 1ºBAC.TIC na Biblioteca. VII. As mulleres no mundo das empresas da computación e das TIC.
| |
| ALEJANDRO MASEDA |
| |
| CARMEN COUTO RODRÍGUEZ-PEDROSA |
| |
| JAIME PASTOR |
Sesións do alumnado 1ºBAC TIC na Biblioteca.VI. Precaucións na rede
| BERTA REDONDO GONZÁLEZ |
| MIGUEL LATAS |
Thursday, 24 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. V.Software libre e propietario
| |
| ALEXANDRE COUTO ESCOBAR |
| |
| ANTONIO CASTRO CARPINTERO |
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. IV. Internet e a situación das mulleres en contextos de represión e illamento.
Tras centrar o tema os alumnos relatores de hoxe entraron con máis detalle nos casos particulares da activista chinesa Liu Xia e a Asociación Revolucionaria de Mulleres Afganas RAWA. para eXemplificar o anteriormente exposto. Por último queremos resaltar un excelente sumario utilizando de novo a ferramenta Vuvox como soporte.
| |
| DIEGO BAQUEIRO FARIÑA |
| DAVID DOMÍNGUEZ VIVAR |
| |
| ALICIA CORES BARTOLOMÉ |
| JAVIER GARCÍA ALVAREZ |
Wednesday, 23 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. III Repercusión das TIC no mundo do traballo e as mulleres.
Non foi un tema doado o que tiveron que traballar Fernando Gefaell Silvia Chan e Paula Cabeza.
Houbo ademais algunha pequena incidencia na organización da sempre complexa cuestión dos horarios cando están implicados varios grupos de alumnado. Esta foi a razón pola que Silvia e Paula non puideron estar presentes na exposición do tema que traballaron conxuntamente con Fernando e foi el quen tivo que expoñer o resultado das súas pesquisas ante os compañeiros de 4º ESO. Fernando falou moi convincentemente e fixo que tod@s reflexionaramos sobre aspectos tan interesantes como:
A perda da separación do lugar de traballo e lugar de descanso. As repercusións sobre a organización das tarefas do fogar e a familia. A deslocalización das empresas. As condicións laborais que implican as retribucións por obxectivos. As dificultades que supón a simultaneidade do traballo: o doméstico máis o profesional. As dificultades de relación co resto de traballador@sAínda que por suposto tamén hai moitísimas facetas positivas como a facilidade de organización e obtención de axudas que as ferramentas dixitais supoñen para as mulleres, especialmente en determinados contextos e a maior oportunidade de obtención de mellores postos de traballo, mesmo en altos niveis de responsabilidade que ata agora non tiñan acadados.
Houbo unha información máis detallada sobre o acceso as TIC de colectivos de mulleres mexicanas e tamén referencias ao interese nestas ferramentas por parte dalgunhas asociacións de mulleres xitanas.
|
|
| FERNANDO GEFAELL VALCARCE |
| SILVIA CHAN VÁZQUEZ |
| PAULA CABEZA RAMOS |
Tuesday, 22 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. II Fenda dixital
| |
| PABLO ACUÑA RODRÍGUEZ |
| SERGIO CANO ANTÓN |
Monday, 21 February 2011
Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. I Marcadores sociais. Plataforma Diigo.
|
|
| JUAN PEDRO VIDAL LÓPEZ |
|
|
| FERNANDO SÁNCHEZ VÁZQUEZ |
![]()
![]()






