Por fin realizamos a visita á exposición que tanto nos gusta. Pasamos unha mañá moi agradable que rematamos coa realización por parte do alumnado do título da película “Resacón en Vigo” utilizando a técnica de Stop motion. Podedes ver varios resultados no blog da exposición. Foi moi divertido e aprendemos moito. De ida en bus, de volta no tren. Transporte público, como debe ser.
.
.
Esta é a animación Slow Motion para os créditos da fascinante “Resacón en Vigo” que esperamos ver algún día. |
Estes son só algúns dos exemplos dos materiais que podedes ver na mostra |
"Subterranean Homesick Blues" é unha canción composta polo cantante estadounidense Bob Dylan. Foi incluída no álbum Bringing It All Back Home, editado o 22 de marzo de 1965. Esta canción inspirou, xa en 1965, un dos primeiros vídeoclips da historia da música, no cal Dylan exhibe carteis con distintas palabras e frases da canción. Durante o episodio, o poeta Allen Ginsberg fai un cameo. Wikipedia. |
Un vídeo clip feito exclusivamente con tipografía? Pois si. En The Child, Alex Gopher pon a música e Antoine Bardou-Jacquet o deseño. A curta conta a historia do traxecto dunha parella ata o hospital onde ela dará a luz despois dunha accidentada viaxe pola cidade onde cada elemento está representado tipográficamente. Unha preciosidade. |
Ludorama é unha reflexión, unha mensaxe crítica cara ás nosas formas de consumo. Calquera que vexa todos estes logos, máis de 2.000, inmediatamente sabe de que marca estamos a falar e o que esas marcas significan. É alucinante decatarse da cantidade de memoria que utilizamos nas mensaxes publicitarias e a potencia dos mundos que estas constrúen. Nicolás Schmerkin, un dos produtores, fundador do estudo realizador Ludovic Houplain, que recibiu o Oscar á mellor curta en 2010, é un arxentino que vive en Francia. |
No comments:
Post a Comment