Joseph Kony leva 25 anos cometendo atrocidades en Uganda impunemente.
A súa guerrilla secuestrou, segundo Unicef, a máis de 20.000 nenos e nenas: a eles convérteos en soldados; a elas, en escravas sexuais. E organiza mutilacions de nariz, orellas, beizos e extremidades contra civís...
Pero os correspondentes organismos internacionais - a pesar de ser unha das persoas máis buscadas do mundo- non parecían especialmente interesados no personaxe ata sentir o sopro da opinión pública nas súas costas.
Este chegou, inesperadamente, co documental KONY 2012: nunha semana, foi visto en YouTube case 50 millóns de veces, con 1.097.955 "Gústame" .
Seica é un pouco longo para os tempos que corren pero está moi ben contado. É unha mostra do que permiten os novos soportes de comunicación na rede en termos de activismo viral e tamén de solidariedade global:
No comments:
Post a Comment