Monday 12 March 2012

Unha de contos

Sesión de gravación na biblio. Un grupo de alumnado de 2º ESO están a escenificar e gravar os contos preferidos dos pequenos do colexio infantil Crespo Rivas como parte dun proxecto Portfolio que ten coma base e punto de partida as bibliotecas dos dous centros.

A escenificación dos contos, para que poidan ser entendidos por nenos e nenas de 4 anos, correu a cargo deste grupo de alumnado que leva xa tempo preparando esceas e  textos en galego, castelán, inglés e francés.  Impecable a posta en escea, os decorados, os traxes, os complementos… e o esforzado manexo de cámara de Xose Luis Penas, como non… Haberá que ver ese video cando estea rematado.

 

 

No comments:

Related Posts with Thumbnails