Tuesday 6 March 2012

Ya no sé que hacer conmigo. Type in motion

Hai xa tempo que pensamos compartir este tema  co que nos sentimos moi identificad@s nestes tempos que non axudan precisamente a aliviar a nosa proverbial confusión. Trátase de “Ya no sé que hacer conmigo” de El cuarteto de Nos. Cal foi a nosa sorpresa cando atopamos o videoclip na exposición Type in motion na Fundación Barrié, en Vigo. Por certo que o evento é totalmente recomendable; pasaredes un rato delicioso se tedes tempo para visitar esta mostra tan orixinal organizada en colaboración co Museo De Deseño de Zurich.

“A mostra ofrece un completo panorama da escena creativa internacional baseándose en obras experimentais onde a tipografía asume o protagonismo. A exposición aproxima ao público a visión de deseñadores novos que exploran os novos formatos con imaxinación, ampliando as nosas oportunidades de ler o mundo”.

Animádevos. Ata o 1 de Abril. Fundación Barrié. Policarpo Sanz, 31. Vigo

 

No comments:

Related Posts with Thumbnails