1959-2009. Son 50 anos da publicación dunha das mellores novelas da nosa literatura, A esmorga. Hoxe celebrámolo na nosa Biblioteca. O alumnado de Literatura Galega do século XX e da Actualidade xa lera a obra, xa vira o vídeo da representación teatral, e hoxe puido asistir a unha interesante charla do arquitecto Jaime Izaguirre Santillán. Explicoulles como se xestou a banda deseñada da obra que se recolle en EBA 5.0. Foilles mostrando todos os pasos da creación coa axuda do ordenador e o canón. Resultoulle moi interesante ao alumnado. Tamén a Jaime a experiencia de verse no espazo da Biblioteca que el frecuentaba como alumno hai uns anos e agora como convidado expoñendo o seu traballo.
Na nosa biblioteca tentamos sempre ser un foro aberto todo e todos. Imos aumentando ano a ano a base documental en inglés, en francés, en castelán e en galego (libros, películas, documentais...). Mais temos moi claro no equipo da Biblioteca que a lingua primeira da Biblioteca e a que hai que fomentar entre un alumnado maioritariamente castelán falante é o galego; e non notamos ningún problema entre o alumnado pontevedrés nin recén chegado doutros lugares, enténdeno perfectamente.

Grazas a Jaime Eizaguirre por vir desde Madrid, onde traballa, atender tan amablemente o noso alumnado tanto nesta actividade coma no Obradoiro de banda deseñada que está dirixindo esta semana na Biblioteca.
No comments:
Post a Comment