Tuesday, 9 March 2010

Ao redor do 8 de marzo: Cartaces e Glogster

Aproveitando a data facemos unha pequena proba en Glogster para ver que tal vai e a verdade é que cun pouco de tempo e paciencia, pódense facer composicións bastante sinxelas de montar con diversos materiais e un resultado moi atractivo. Utilizamos cartaces do portal de Good 50x70, interesante iniciativa que utiliza a creatividade para chamar a atención sobre este e outros temas nunca solventados.

Xa vedes que a montaxe pódese ver a tamaño xigante e  é compatible con case todas as plataformas. Está ben para composicións do alumnado, penso, porque é moi sinxela e permite insertar videos, sons, textos…. Haberá que investigar a versión para fins educativos. Aínda non tivemos tempo.

2 comments:

Beni said...

Con este blog sempre aprendemos cousas novidosas ao servizo da comunidade educativa.

charo said...

Alguén deste blog tiña desexos de comer un enorme cocido compartido que non chego a ser realidade, en vez de andar todo o día pegada á máquina infernal esta das realidades virtuais...

Related Posts with Thumbnails