Thursday, 4 March 2010

O mar de Kuroshio

O chamado mar de Kurosio é o elemento principal do acuario de Okinawa en Xapón. Contén 7.500 metros cúbicos de auga e é o segundo tanque acrílico máis grande do mundo. Ten unhas dimensións enormes 22.5 metros de longo por 8.2 de ancho. As paredes teñen un grosor de 60 centímetros. Podedes ver tiburóns balea e raias como unha das atraccións principais. Pódese descargar aquí un fondo de pantalla. Podedes ver o vídeo en pantalla completa porque ten unha moi boa resolución. O tema principal é “Please don´t go” de Barcelona.


2 comments:

ogalego.eu said...

Graciñas Mesturas por estas cousas tan refrescantes!

charo said...

É refrescante, si. Supoño que ter peixes nos tanques estes por moi megatanques que sexan é como os zoos, Pobres peixes ahí atrapados, pero non sei por que a sensación para os que miramos é diferente e moito máis relaxante. Vaia chorrada que acabo de dicir, non ?

Related Posts with Thumbnails