Decidimos en “Tinta Viva” que imos facer propostas de lecturas entre todos os membros do club: cada persoa ten que estar preparada para defender unha proposta cando rematemos un libro e discutiremos todas ata acadar un acordo. Estabamos máis que dispostos a acometer a lectura de “Memorias dunha vaca” de Bernardo Atxaga cando a persoa que a propuxo, mandou a seguinte mensaxe ó foro do club:
“Ben, hoxe ás 7 da mañá morreu en Valladolid Miguel Delibes como moitos saberedes. Aínda que só lin unha novela del (que me fascinou, por certo), este feito apéname moitísimo. En resumo querendo facer a nosa humilde homenaxe a este xenial escritor e mellor persoa, David Tilve e mais eu decidimos propor un dos seus títulos para ler no noso clube tales como:
-5 horas con Mario
-El hereje
-El príncipe destronado
-El camino
-Los Santos Inocentes
-La sombra del ciprés es alargada
-Calquera outra novela súa que conveñades oportuna
-Las ratas mellor que non porque xa a lin pero recoméndolla a todo o mundo. Para min é un libro de VERDADEIRA lectura obrigatoria”.
-5 horas con Mario
-El hereje
-El príncipe destronado
-El camino
-Los Santos Inocentes
-La sombra del ciprés es alargada
-Calquera outra novela súa que conveñades oportuna
-Las ratas mellor que non porque xa a lin pero recoméndolla a todo o mundo. Para min é un libro de VERDADEIRA lectura obrigatoria”.
Aceptamos, como non. Na próxima reunión decidiremos que obra de Delibes imos ler.
“Admiremos al hombre auténtico de veras,
que sabe organizar su vivir y sus libros,
muy al tanto de todo, sin inclinarse a nada,
porque son tan ajenos
al manantial continuo de gran inspiración;
Auténtico vivir cuajado en escritura
límpida, magistral, y así tan convincente,
un arte narrativo que recrea
campo y ciudad, sus luces y sus ideas,
profundos los paisajes minuciosos,
vegetaciones, hombres, animales,
en medio el cazador”.
*
(Versos dedicados de Jorge Guillén)
No comments:
Post a Comment