Hoxe estamos no Sánchez Cantón, todo hai que dicilo, ben content@s, coma meniños con zapatos novos. Acabamos de ler a resolución da Convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación, Dinamización e Innovación Educativa das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. E resulta que este ano fomos seleccionados Só unha ducia de centros galegos de ensino non universitario entre públicos y privados. E nós estamos aí. A verdade é que nos alegramos infinitamente porque isto supón un recoñecemento aos nosos compañeiros Marián Costa e Jesús Juanatey que levan anos dedicando horas e horas a traballar as tics. Ben o merecen. Moitos membros do claustro aprendemos con eles a movernos pola rede, a traballar en equipo, a ilusionarnos cos proxectos. Isto supón un empurronciño para seguirmos adiante pelexando por derrubar muros (hoxe que se cumpren os 20 anos do de Berlín), por achegar as novas tecnoloxías á educación.
Parabéns para Marián e Jesús.
Parabéns para tod@s nós.
4 comments:
Tamén nós nos alegramos coa noticia. Máis que merecido que o tedes! Moitos de nós aprendemos e seguimos aprendendo co voso traballo e exemplo.
Beizos.
Non sei que dicir para que o agradecemento que eu sinto por moitos dos meus compañeiros, algún dos cales non está xa no centro, non pareza un peloteo barato.
O que non acabo de entender moi ben é porque nesa redetic non podemos estar todos os centros que o solicitemos.
Grazas e parabéns ou parabéns e grazas; a cadea/rede anda ben: Mesturas recebeu axuda de Marián e Jesus; nós de Mesturas e traballamos para que outrén se sirva diso que andamos aprendendo.
Forza para continuar!
Biblioteca Ollos Grandes. Lugo
Grazas chicas.A verdade é que a xente, moita xente está contenta e iso é o mellor de todo, que sexa un premio compartido.
Post a Comment