Ante a dificultade de abordar, un ano máis, un tema tan complexo como este, preferimos tomar prestadas varias voces máis autorizadas ca nosa. Queremos destacar en primeiro lugar os elementos gráficos do documento que vos presentamos, e que nos impactaron pola súa calidade. Son obra das artistas que participan no evento “Off the beaten path”, que propón unha reflexión sobre as causas últimas da violencia en diferentes culturas. Algúns dos traballos que aparecen no documento forman parte desta exposición. Outros non están incluídos na mostra, pero o que vimos gustounos tanto, que procuramos máis información das participantes e atopamos algunha que outra xoia, como podedes ver. No documento figuran os nomes de todas e cada unha das autoras.
Os textos están inspirados en dosieres da organización GBV, que traballa principalmente con colectivos africanos. Parecéronnos interesantes porque reflicten á perfección que cando unha sociedade xera violencia, esta afecta e prexudica individualmente a todos os seus membros e á comunidade mesma como ente social.
Eeste lazo da biblioteca do CEIP de Pazos
Tuesday, 24 November 2009
25 de Novembro
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
DEREITOS HUMANOS,
MULLERES
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
7 comments:
Parabéns polo traballo!!!
Estupendo traballo. De gran sensibilidade. Parabéns. Grazas por compartilo.
Encarna/CEIP de Andrade-Pontedeume
Moito amor para tanta dor.
Quero vivir para ver que todo esto non é preciso.
Mentres tanto...
Grazas por tan bo traballo. Parabéns e saúdos dende Fuenlabrada (Madrid).
Grazas pola visita. Unha data que prefeririamos, sen dúbida, non ter que "celebrar"
Un traballo estupendo. Parabéns!Compartimos tamén a vosa opinión de non ter que "celebrar" esta data.
Saúdos dende Silleda.
Grazas compañeir@s de Silleda
Post a Comment