Thursday, 22 November 2007

Máis teatro


O alumnado de Literatura Galega do século XX están de sorte. Non só poden asistir ao 2º Obradoiro de Narrativa, hoxe tamén foron ao teatro, nada menos que un clásico da literatura universal: O burgués fidalgo de Molière. Ao saíren quixeron renderlle homenaxe ao autor de Os vellos non deben de namorarse, que estiveron lendo na clase, e retratáronse con Castelao.

3 comments:

Anonymous said...

comentario da obra :o burgués fidalgo de Molière.
A obra trataba sobre un home burgués que por riba de todas as cousas queria comberterse nun fidalgo con título, un pobre infeliz abergoñado da sua pouca cultura polo que tomaba clases de danza, música,de esgrima, e mesmo clases de filosofia;aínda que os seus mestres vianse na obligación de facerlle o xabrón o seu cliente, debían colmalo de atención para poder consevar o seu traballo na casa do burgués.Este burgués devecía por ser fidalgo, mentres que a sua esposa mais razoable devecía por que o seu marido entrara en razóns e voltara a normalidade. Todos trataban o señor burgés coma se de un tolo se tratase, razóns non lles falban porque este cometia toda as loucuras posibles empezando polo xeito de vestir, que se podian facer.Este burgués con soños de fidalgo mesmo tiña por amigo a un fidalgo zoupón e aprobeitado que lle facia as veiras a unha condesa gracias o diñeiro que lle ia sacando a o sr burgués que cria que os agasaios que o sr fidalgo lle facia a condesa ian da súa parte.O fidalgo era un aprobeitado que só vivia das apariencias , mesmo dixo que ia casar cá condesa aprobeitando a pedida de man que lle fixo un suposto fillo de un fidaldo árabe que non era outro que o rapaz que anteriormente lle pedira a man da sua filla o sr Burgués ,rexeitando este o rapaz por non teres título nobiliario.O rapaz chamado Cleonte argallou xunto co seu servinte a forma de conquistar o sr burgés para poder enganalo e conseguir a man da sua filla que a sua vez estaba locamente namora de él. O mesmo tempo argaiaron tamén da boda da doncela co servinte de don Cleonte.O argaio que fixeron foi de tan alto grado que se sairon ca sua sen ter mais que facerse pasar por un fillo de fidalgo arabe e facer unha falsa cerimonia de nomeamento de un cargo ficticio que lle otorgaban o sr burgúes que rápido cedeu a man da sua filla ante a posibilidade de conmbertirse nun fidalgón.Mesmo lograron engaiolar a muller do sr. burgés que se negaba en rotundo a boda do suposto fillo do fidalgo árabe por querer casar a sua filla con don Cleonte, até conseguir descubrir a identidade falsa que tomara don Cleonte non aceptou a boda da sua filla. Todos contentos ca boda, mesmo o sr burgúes que a súa felicidade era producida por un engano.
Opinión persoal:
o texto da obra era moi acertado e moi traballado, os actores conseguian chamar a atención do público, a posta en escea era aceptable pero a pesar de eso é unha obra que non me gustou especialmente debido a gran exaseración que intenteban mostrar ca posta en escea e do vestuario. Tamén cabe destacer a boa interpretación dos personaxes.
sabela cortegoso vázquez 2 bacherelato D

Anonymous said...

Comentario Persoal da obra:

A miña opinion da obra vouna dividir en 3 partes: Música,actores e representación.

A musica esta presente en todo momento na obra,para min,diría ke hai momentos nos que está de mais,por exemplo,cando alguns personaxes camiñaban,poñianlle un sonido extraño,mais ben molesto que para min,esta de mais.

Os actores fixeron cada un o seu papel sen ter que destacar a ningun por enriba de outro.Aunque si tiveramos que destacar algun,sen duda sería o actor principal,que fixo de burgués.
Ainda que para min tivo momentos nos que sobreactuou,non sei se é cousa do guión,representou á perfección o seu papel,un burgués parvo do que todos se aproveitan e que nunca se entera de nada.

A representación,saltando pequenos detalles como que a primeira parte da obra resulta un pouco aburrida e lenta,esta ben,ten momentos nos que un pode rir a cachón coas "adaptacións"que lle fan á obra nalguns momentos.

A obra a grandes rasgos conseguiu o seu proposito: Facer rir nos momentos que o tiña que facer e sobre todo,facernos pasar un bo rato.

Nº29-David Rey González. 2º Bach. D

Anonymous said...

A obra de teatro a verdade é que non me gustou moito porque o tema é un tema moi utilizado ultimamente na televisión, aínda que tiña algunhas escenas divertidas como cando saia o nobre gorrón e lle roubaba a comida e o enganaba dicíndolle que estaba moi ben vestido cando en realidade ia demasiado colorido. Outra escena que me gustou moito foi cando o noivo da filla e mais o criado enganárono coa historia do xeque árabe. Un personaxe que me gustou moito foi a muller do nobre porque lle dicía as cousas como as pensaba, lle daba bos consellos e o final tamén o enganou co tema da voda da filla co xeque árabe. A musica gustou moito porque sempre tiñan a mesma musica para cambios de escena e outras para distintas cousas, como a cabritiña que cantou o señor ao principio da obra. O decorado era moi sinxelo, só unha porta, unha ventá, un pianista e unha cadeira. Todo estivo moi moderno aínda que se trataba dunha obra moi antiga, xa que era de Moliere.

Related Posts with Thumbnails