Sunday, 24 February 2008

Tempo en boca. Videocreación do alumnado de 1º BAC. do IES Sánchez Cantón


Nun tempo en que as estratexias docentes están sometidas a constantes reflexións, achegas como a desta videocreación preséntanse como unha alternativa viable e merecedora de ser tida en conta. Desde Mesturas queremos felicitar a todo o alumnado que participou nela ensinándonos que se poden elaborar soportes imaxinativos para axudar a comprender, ilustrar e mesmo enriquecer un texto. Parabéns tamén á profesora Marián Costa, parte esencial e colaboradora indispensable desta biblioteca e o seu proxecto.

Este é o plantexamento e a xustificación do video, segundo a profesora que o coordinou. O video foi entregado como agasallo aos responsables do Marco de Vigo nunha visita á exposición Tempo ao Tempo

"Como sabedes dedicamos un tempo a reflexionar sobre o mesmo, visitamos o MARCO en Vigo para captar as distintas perspectivas que desde a arte actual se fai do tempo e da temporalidade como característica dos seres humanos. Lembraredes que constatamos como nesta sociedade parece que o tempo é máis escaso ca nunca, temos que gañar tempo para traballar máis de modo que poidamos consumir máis, e dalgunha maneira entramos nunha especie de círculo do que non podemos fuxir. Como consecuencia non temos tempo para comer con pausa, para faladoiros, para coidarnos, para os demais ...Pero antes que nós, moitos filósofos converteron o tempo en obxecto de estudo. Recollemos algúns textos sobre o tema, intercalamos imaxes nas que se reivindica a necesidade de dedicar o tempo preciso ás funcións ás que antes aludíamos, comer, falar, mesmo limpar ben os dentes. Este vídeo é o resultado do traballo dos vosos compañeiros e compañeiras. A miña gratitude a todas persoas que participaron na actividade.Por un erro na edición do vídeo hai un fragmento de Platón que se adxudicou a Kant e viceversa. Seguro que sodes quen de adiviñar cales son textos mal subtitulados".
Marián Costa


1 comment:

Anxo González Guerra said...

Bo traballo.
Xa sei algo máis de filosofía.
Parabéns.

Related Posts with Thumbnails