No mes de marzo de 2003 o escritor euskaldún Kirmen Uribe (Ondarroa, 1970) foi convidado pola escritora norteamericana Elizabeth Macklin para realizar unha serie de recitais en pleno corazón dos Estados Unidos, na neurálxica New York. Acompañárano na viaxe grandes voces emerxentes do panorama musical basco, entre elas Rafa Rueda e Mikel Urdangarin. O dilema lingüístico e creativo fíxose patente: "que podiamos facer nós, que formamos parte dunha comunidade lingüística de apenas seiscentos mil falantes, nunha cidade onde todas esas persoas poden caber nun só barrio?", escribe Uribe. Froito desa vivencia, catro anos despois, viu á luz o fermosísimo libro disco "Zaharregia, txikiegia agian" (Unha maneira de ollar, Hotsak, 2007), traballo doutado dunha fonda significación emocional. De todos os temas brillan con luz propia as cancións de Urdangarin (Zornotza, 1971), compositor maduro, culturalmente comprometido, directo no seu convecimento estético.
Unha mostra lene: Abendua.
Ven de ser editado tamén hai escasos meses o novo disco do músico de Irún Jabier Muguruza. Alén das connotacións socias dun apelido vencellado á reivindicación socio-lingüística, Muguruza é un deses autores doutados dunha sensibilidade abafante, dura, mesmo simbiótica. Bucea nos océanos das novas letras bascas para nutrir as súas cancións de textos directos, férreos, mais humildes e reflexivos. Atxaga, Lete ou Iñaki Irazu teñen sido musicados por un Muguruza quen, co seu novo traballo, "Konplizeak" (Elkarlanean, 2008), é xa un dos referentes da canción de autor estatal.
Irene. Texto de Leire Bilbao, crú, feroz na súa concreta indeterminación.
Arropa bustiarekin batera
soketan eskegi da ilunabarra.
Irenek bere bizitzaz hitz egiten du
dagoeneko gertatua balego bezala.
Betseinetan beldurra antzematen zaio.
Ireneri ez dio min egiten inoren minak.
Poltsa beteekin bueltatzen da etxera.
Bi sagar eta kafea.
O solpor colga no tendedeiro
ao carón da roupa mollada
Irene fala da súa vida
como de auga pasada
o medo está nas súas pupilas
A Irene non lle doe o mal alleo
volve á casa coas bolsas cheas
un paquete de café e dúas mazás
Discografías seleccionadas:
Mikel Urdangarin.
1. Dana (Elkarlanean, 2005)
2. Anek idatzi dit zutaz (Hotsak, 2008)
Jabier Muguruza.
1. Enegarren postala (Resistencia, 2003)
2. Abenduak 29 (Resistencia, 2005)
3. Konplizeak (Elkarlanean, 2008)

3 comments:
Grazas Lois por compartir os teus coñecementos musicais e pola tradución.
É unha pena non vivirmos en Vigo para escoitar os sábados ás 10 o programa de Lois Atanes en Radio ECCA. Os que tivemos a sorte de que nos pasara algunha gravación quedamos gratamente sorprendidos.
Grazas!
Post a Comment