Para esta tarde de domingo suxerímosvos que lle adiquedes uns minutos do voso tempo a esta versión tan especial do Lago dos Cisnes, a cargo dun grupo de bailaríns-acróbatas do Great Chinese State Circus. Persoalmente non estamos moi a favor deste tipo de destrezas, sobre todo logo de ver un documento que publicaremos un destes días Evidentemente a espectacularidade e a perfección técnica dos executantes é incuestionable. Xa nos contaredes
Sunday, 13 April 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
3 comments:
Estarei moi atenta a ese documento que ides publicar, porque o que eu acabo de ver neste video pareceme absolutamente incrible e de gran beleza, así que estarei atenta ó pero.
MARINA
Pois a min encantoume... Gustoume moitisisimo...
Non sei por onde vai ir ese documento prometido, pero quixera precisar dúas cousiñas:
Cando vin o vídeo pareceume un espectáculo e o resultado é de gran beleza.
A que prezo?
As voces de "castratos" tamén poden ser belas, e o prezo me da que non moi axeitado.
As piruetas da ximnasta Nadia Comaneci eran belas pero dalgunha forma foi castrada.
O deporte e outras actividades coma esta traspasan nos entrenamentos, na miña opinión, os límites do que poode considerarse xusto.
Fálase dos abusos infantís, pois a min paréceme que certo tipo de competición de élite é un abuso infantil.
A prostitución é, as veces, rexeitada polo que ten de consideración da persoa coma unha mercadoría, non sei se atreverme a dicir que hai moitas formas de prostitución no sentido de venda do noso corpo que é explotado para o pracer doutros.
Por outro lado, tamén penso que nesta época de "blandos/as" reivindicar o esforzo e mesmo a disciplina é válido, tanto no físico coma no intelectual. A cuestión é de límites, ou non?
Post a Comment