Monday, 9 February 2009

Nova música islandesa. Parte I.

A finais do ano 2006 un grupo de cinco amigos observaba o remate do día a través da xanela: a evocación certamente telúrica dun fermoso Reykjiavík invernal espertou neles a necesidade de expresar as súas vivencias emocionais a través da música. Nacera Rökkurró. Pouco tempo despois, no ano 2007, editan o seu primeiro EP, época na que comenzan as súas digresións musicais por distintos escenarios islandeses. Nese intre o visionario selo 12 Tónar fíxase neles, fichándos e lanzando o seu primeiro longo, "Það kólnar í kvöld, komin í búðir!", no ano 2008. A música de Rökkurró afástase dos diferencialismos vogais de Sígur Rós ou Múm, entrando de cheo no terreo da canción de autor máis clarividente: a súa cadencia, de marcado acento pop, non agocha unha estrita querencia pola instrumentación acústica (cellos, acordeón, guitarras) e certo pouso naïf.

Dous Exemplos:


Ferðalangurinn


Í sjávarháska

2 comments:

Anonymous said...

HOME LOIS, Case morro cando entrei en Mesturas e vexo o teu post. Que ben. Canto tempo sen saber de tí. Apertas, mil grazas e xa sabes onde tes a túa casa. Haberá que organizar algo para que nos contes en directo...
charo

Anonymous said...

Xa sabes: vouno deixando día si e día tamén e cando me decato pasaron varios meses sen colgar nada. Culpa miña, sonche un pouco desastre. Cando vexades organizamos algo, hai que aproveitar que sodes expertos en caldos diversos.

Apertas.

Related Posts with Thumbnails