Lemos con espanto na web da Cadena Ser que unha popular cadea comercial británica foi obrigada a retirar do mercado unha liña de bikinis para nenas de 7 anos con recheo na parte superior para simular peito a tan tenra idade. Sen dar crédito buscamos información na prensa inglesa e…efectivamente, A cadea Primark vai retirar a citada peza de roupa pedindo desculpas por poder molestar con tan ocorrente deseño a, esperamos, calquera persoa minimamente sensata. Ou non?. O caso é que afirman que dedicarán os beneficios do xa vendido??? a institucións humanitarias. Parece, sen embargo, que non é a primeira vez que esta cadea sorprende con este tipo de iniciativas. Logo lamentaremos ver nenas de 10 anos con comportamentos inexplicables a esa idade, estrañaranos ver a confusión e o profundo desagrado que senten adolescentes e preadolescentes polo seu corpo. En fin que, en xeral, neste e outros temas é curioso o que, como sociedade, ás veces transmitimos aos nosos elementos máis novos. Sempre quedaranos o consolo de lamentar airadamente as consecuencias como se ninguén tivera nada que ver co tema. Podedes admirar o invento. A idade das destinatarias é claramente visible
Wednesday, 14 April 2010
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment