Es de libro é unha interesante iniciativa que coñecemos a través do relatorio de Puerto Menéndez, profesora de Matemáticas do IES número 5 de Avilés, durante as últimas xornadas do PLAMBE en Santiago. Desde Mesturas queremos felicitar, unha vez máis, á Asesoría de Bibliotecas Escolares pola organización e o interese e calidade dos diferentes relatorios.
Volvendo a Es de libro. Se visitades o seu portal poderedes pasar un intre moi entretido vendo os traballos premiados das últimas edicións e tamén botando unha ollada ás bases do concurso por se alguén se anima no futuro. Por que non?
O traballo Arte e Matemáticas, realizado por un grupo de alumnos e alumnas e coordinado por Puerto Menéndez, foi merecedor dunha mención especial polo xurado na edición 2006-07.
No comments:
Post a Comment