Hai apenas unhas semanas, o Museo Americano de Historia Natural colgou na rede este espectacular vídeo, unha reconstrución informática que mostra unha "viaxe" desde a superficie da Terra ata os límites do universo coñecido.
O que fai que este vídeo sexa único e diferente á maioría dos que se fixeron ata agora é que todo o que nel aparece está baseado en datos reais. É dicir, que non se trata dun vídeo "artístico" realizado segundo simples criterios estéticos, senón dunha auténtica reconstrución, peza a peza, de todo o que sabemos sobre o universo en que vivimos.
Todo, desde as traxectorias dos satélites que orbitan a Terra, ata a posición de todas as estrelas, galaxias ou afastados quasares, está baseado exactamente nos datos que, ata agora, temos sobre cada un deles.
Fonte “El recogedor”
No comments:
Post a Comment