Parécenos obrigado reservar un espazo nesta bitácora a unha das bibliotecas máis coñecidas de todos os tempos: A Biblioteca de Alexandría.
A moderna Alexandría, sé da nova Biblioteca segue hoxe, coma sempre estendéndose polo delta de Nilo e mirándose no Mediterráneo pero.....¿que queda da outra? Da lendaria urbe fundada por Alexandre Magno, coñecida en todo o mundo antigo polo seu famoso Faro e a non menos renomeada Biblioteca a penas queda nada.
Sabías que?...
Na Biblioteca de Alexandría, xa no s. III a. de C. había máis de 500.000 “libros"-
Eses “libros” non o eran en realidade. Tratábase de rolos de papiro de 6 a 7 metros de longo. As obras máis extensas dividíanse en varios papiros da mesma lonxitude, e as máis breves recollíanse nun mesmo papiro a fin de lograr unha certa uniformidade nas dimensións.
Non cabe ningunha dúbida é de que na Biblioteca de Alexandría se investigou dun modo sistemático e rigoroso. Os eruditos estudaban o Cosmos enteiro. Investigábase en física, astronomía, xeografía, matemáticas, bioloxía, enxeñería... A Biblioteca constaba de dez grandes salas de investigación, dedicadas ós diferentes temas. Ademais había fontes, columnatas, xardíns botánicos, un zoo, salas de disección, e unha grande sala comedor onde se levaban a cabo as discusións. Soa ben ¿verdade?
..
Agora unha de vocabulario:
Os rolos de papiro metíanse en receptáculos de madeira ou pedra . Eran os bibliotheke, palabra que posteriormente pasou a designar unha colección de libros.
No final dun período no texto marcábase cun signo coñecido como parágraphos ó comezo da última liña do período; a palabra séguese utilizando hoxe para indicar as diferentes partes dun texto
As obras antigas non acostumaban ter un título propiamente dito. Para distinguir uns papiros de outros, co tempo terminouse por fixar unha especie de etiqueta nun lugar visible mesmo cando estaban enrolados, onde figurase o nome do autor e as palabras iniciais de cada obra. A nosa palabra título provén precisamente desa etiqueta que os romanos chamaron titulus.
A nova biblioteca de Alexandría cos seus imponentes edificios e instalacións non se libra da crítica. Ata que punto era imprescindible un gasto tan descomunal para financiar unha obra faraónica, nunca mellor dito, nun país con tantas necesidades culturais como Exipto? Fálase tamén duns fondos bibliográficos certamente escasos para instalacións que poden albergar literalmente millóns de documentos e de problemas de orzamento para manter a colección actualizada, debido aos enormes gastos que provoca o mantemento das instalacións.
....
.
En calquera caso, non deixedes de botar unha ollada á galería de imaxes.
No comments:
Post a Comment