O luns o escritor pontevedrés Manuel Lourenzo pasou a tarde na biblioteca. Foi a primeira experiencia do obradoiro de narrativa organizado polo ANPA. Resultou moi agradable. Como todo é mellorable, tomamos nota para futuras edicións e prometemos organizar esta actividade noutro momento menos atarefado do curso e con máis tempo e seguimento. Manuel Lourenzo mostrouse desde agora mesmo disposto e encantado de colaborar.
Velaí as opinións dos participantes.
20 comments:
Sempre ao ler un libro me imaxinei como sería o autor, non só fisicamente, senón tamén como é a súa vida e as súas ideas. Coñecer estas cousas fíxome ver que os escritores son persoas normais, coma nós, e calquera se quere e ten un pouco de imaxinación pode chegar a ser un bo escritor. O máis importante é contar unha historia que tes necesidade de expresar, aínda que só a lean un pequeno grupo de persoas... ao chegar á casa púxenme a escribir, apetecíame contar unha historia e o autor deume a forza para plasmar no papel o que eu tiña na mente
O que máis me gustou foi a súa forma de explicar como facía as súas obras, o tempo que aplicaba e todos os elementos imprescindibles e necesarios para lograr unha boa obra. Das cousas novas que me aportou este autor foi a súa forma de escribir unha obra, que o mellor é empezar escribindo sen saber o que vai pasar, ir desenvolvéndoa co tempo resultará máis frutuoso.
O luns 30 de abril ás 16:50 Manuel Lourenzo González contounos a súa experiencia como escritor e deunos unha estupenda clase de literatura: os diferentes xéneros literarios, os elementos da narrativa: historia, punto de vista, narrador, personaxes, estrutura, espazo, tempo. Tamén explicou brevemente a relación que garda a literatura coas matemáticas, aínda que non lle deu tempo a aprofundar (Esperanza
Vin o escritor moi desenvolvido, con moitas ganas de contar as súas experiencias e disfrutando do que contaba, do que sabía cos demais. Os cincuenta minutos que durou a charla non chegaron a nada e foron agradables e entretidos.
Fíxome moita ilusión coñecer a un escritor. Relatounos como escribira algúns dos seus libros, como se inspiraba: vendo un cadro, por exemplo. Foi unha sesión interesante e notouse que estaba acostumado a falar diante dos alumnos por ser profesor
A actividade resultou favorable para o alumnado pois tivemos a oportunidade de coñecer de cerca a experiencia de escritor dunha persoa da que moitos temos lido anteriormente e imaxinado un perfil pola súa forma de narrar o cal, desde a miña visión persoal, resultou ser completamente distinto despois de escoitar o seu coloquio
Manuel Lourenzo deunos ganas de facer literatura, polo menos a min, porque describiu un mundo onde os límites da fantasía e da realidade se poden xuntar e só ti tes o poder de facer e desfacer á túa gana. O esquema que nos deu vaime servir para intentar facer aínda que só sexan unhas liñas dun relato, pois ao escoitalo, inspiroume.
O home veu cunha disposición e unhas ganas de facer a actividade asombrosas. Falounos agarimoso, non distante, senón como querendo compartir o seu amor pola literatura, que pertence ao seu día a día. Preocupouse non por darnos a charla e listo, senón por explicar as cousas que ía dicindo, cos máis mínimos detalles, tentando facer unha actividade amena
A súa voz firme e confiada, xunto co seu vocabulario, indicábannos que estabamos diante dun home moi culto e seguro de si mesmo. Un home que sabe o que se fai, un home que coas súas verbas nos achega un pouquiño máis ao mundo da literatura e nos amosou como é a vida dun escritor, que os escritores son especiais, dunha madeira diferente á dos demais (Francisco G.)
Comezou presentándose e agradecéndonos que o invitaramos, xa que ao ser de Pontevedra, sentiuse moi agradecido cando o escollemos para darnos a charla. Tamén non contou que lle gusta moito máis escribir relatos que novelas, aínda que ás editoriais non lles vale a pena economicamente o mesmo un libro de relatos que de novela. (
Aclarounos que non é necesario escribir a man (boli e papel), aconsellounos facelo no ordenador, é máis práctico. Tamén que o tempo que se tarda en escribir unha novela é moi relativo, depende do inspirado que te sintas nese momento. El di que tardou 5 días en escribir un dos seus libros, pero con outros tarda bastante máis
Resultoume interesante cando contou dúas maneiras distintas de facer libros, comparando entre dous dos que fixera, por exemplo, un deles non tiña pensado como iría seguindo, no primeiro capítulo non sabía que contaría no segundo, e así sucesivamente
É para nós unha boa forma de animarnos a seguir adiante coa literatura ver que unha persoa normal, un veciño ou alguén que podemos atopar pola rúa pode ser coñecido polo seu labor literario, especialmente nestes tempos nos que moita xente pensa que estudar carreiras de humanidades non serve para conseguir un bo traballo
Pareceume un home meticuloso e perfeccionista tanto nos seus libros coma na súa vida, pero no grao xusto. 50 minutos é moi pouco tempo para coñecer a un autor, deberíaselle dedicar como mínimo unha semana para poder profundar
A charla pareceume bastante interesante xa que me impresionou a maneira de escribir que tiña, pois tal e como el dixo, hai xente que ve cousas onde outras persoas non as miran. Aquí é onde as obras dos autores empezan a crearse, xa que a partir dun concepto chegan a realizar unha historia para ese suceso, facéndose preguntas a el mesmo.
Foime unha experiencia moi interesante, era a primeira vez que asistía a un taller destes cun escritor profesional, que me pareceu un home interesante, culto e simpático. En resume, unha experiencia amena e interesante
O escritor de libros como Da esfinxe ou O que é a vida mostrouse moi próximo a nós. Foi quen de amosarnos o gran mundo da literatura desde unha visión máis achegada. Como chegou a publicar os seus libros, en que se inspira, como traballa... Grazas a el pareceume algo non tan afastado de nós, algo no que un ao algún de nós podería chegar a converterse, un escritor ao igual que Manuel Lourenzo (
A pesar da falta de tempo gustoume moito a actividade. Os escritores son persoas normais co seu posto de traballo (mestre no Torrente Ballester). Dános motivación ao ver que se pode escribir boas obras sen plena dedicación á escritura.
O que máis me chamou a atención foi que ti podes ser un escritor, ter publicadas ducias de libros, pero se presentas un proxecto e ás editoriais non lles parece rendible, xa non tes nada que facer
Soubo explicar ben aos alumnos todo o relacionado coa literatura, non só exemplificou coa galega, tamén fixo referencias a obras literarias dentro da literatura castelán.
No remate da actividade, algúns alumnos tiñan libros do autor e entón acercáronse a el para que llos firmara e así ter un recordo desde día no que Manuel Lourenzo nos visitou no Sánchez Cantón
Post a Comment