.
Un tambor sinala o comezo da cerimonia: un grupo de nenas vai ser sometido ao cruel ritual da ablación. A máis valente casará co príncipe. Uns días logo da cermeonia dúas nenas morren de infección. Oulai, a pequena que casa co príncipe, falecerá ao dar a luz o seu primeiro fillo. Esta é a historia que oe contar a súa neta, e sente terror porque ela xa case ten a mesma idade pero a súa nai promételle que nunca o permitirá...
Este é o argumento de Oulaï: para que a ablación remate, un relato sobre a mutilación xenital, por Cisse Samba Ndar.
Este é o argumento de Oulaï: para que a ablación remate, un relato sobre a mutilación xenital, por Cisse Samba Ndar.
Hai unha nova e prometedora xeración de autores africanos con gran preocupación polos temas sociais e políticos: situación das mulleres. corrupción, dereitos humanos, emigración. Utilizan este medio para reflectir a deseperación, pero tamén a esperanza e o humor da vida diaria de África.
Aquí podedes ver unha pequena mostra dalgúns dos debuxantes máis famosos dese mundo tan descoñecido que é o cómic africano.
2 comments:
Porque tanta Africa
alumna de 4
Porque pensamos que hai demasiados tópicos e estereotipos que simplifican demasiado a complexidade dun continente enorme, multiétnico, con culturas diferentes e matices que tendemos a esquecer con demasiada facilidade. Temos unha imaxe de África demasiado uniforme, sempre a asociamos coa inmigración, a pobreza, a guerra, o fame. Aínda que isto é certo existe outra África creativa, nova e emerxente que busca saídas con imaxinación e gustaríanos que tivésedes polo menos algunha información da súa existencia. Grazas polo teu comentario.
Post a Comment