Parece evidente que a clase maxistral, o libro de texto como único recurso e a aula como único espazo para exercer a docencia teñen os días contados. Nunha sociedade cambiante que, como non podía ser doutro xeito, produce un alumnado con destrezas e necesidades totalmente diferentes ás de xeracións anteriores, é imprescindible que cambie o papel do profesorado. Axudar a acceder á información, a valorala, xestionala, e ter os coñecementos precisos para poder adoptar unha posición crítica ante ela son ferramentas imprescindibles para exercer a cidadanía de forma plena.
Tuesday, 22 May 2007
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Acabo de ver o vídeo. Sabedes onde se hai que apuntar para poder traballar dese xeito? Eu non esperaría nin un minuto para empezar nunha aula desas.
O mellor é apuntarse no IES Sánchez Cantón, reorganizando o que temos e sobre todo reorganizando a nosa práctica. A algúns de nós non nos resulta fácil, pero estará ben intentalo canto antes non vaia ser que comecen a chegar nenos e nenas con eses hábitos de aprendizaxe e destrezas e nos atopen como estamos....en cueiros.
Post a Comment