Desde a Biblioteca queremos darlles os nosos parabéns ao grupo de alumnas que prepararon e tan ben cantaron o Maio do Instituto Sánchez Cantón na Praza da Ferrería pontevedresa na mañá do primeiro de maio de 2007. Nada menos que o 1º premio en interpretación e o 3º en cantigas.
Velaquí unha escolma das súas coplas tan premiadas:
Os puntos andan moi caros
nas subastas de Internet
pagaremos pola ducia
para encher todo o carnet.
Estes novos condutores
pensan que poden correr
como Raikhonen e Alonso
e sen nada que perder.
...
Os rapaces de hoxe en día
non pegaron o estirón
pero toman "chocolate"
cando toca o biberón.
Eles aínda son nenos
confunden a diversión
pensan que o máis moderno
é face-lo botellón.
Cando saímos de troula
atopamos un montón
deses mozos tan pequenos
sempre montando follón
...
Coa cidade peonil
xa podemos pasear
ben tranquilos pola rúa
sen que veñan molestar.
Pensamos que Pontevedra
sería aínda máis fermosa
se puideramos sacar
a maldita Celulosa
Velaquí unha escolma das súas coplas tan premiadas:
Os puntos andan moi caros
nas subastas de Internet
pagaremos pola ducia
para encher todo o carnet.
Estes novos condutores
pensan que poden correr
como Raikhonen e Alonso
e sen nada que perder.
...
Os rapaces de hoxe en día
non pegaron o estirón
pero toman "chocolate"
cando toca o biberón.
Eles aínda son nenos
confunden a diversión
pensan que o máis moderno
é face-lo botellón.
Cando saímos de troula
atopamos un montón
deses mozos tan pequenos
sempre montando follón
...
Coa cidade peonil
xa podemos pasear
ben tranquilos pola rúa
sen que veñan molestar.
Pensamos que Pontevedra
sería aínda máis fermosa
se puideramos sacar
a maldita Celulosa
1 comment:
Noraboa a todas as participantes nesta edición da Festa dos Maios que ademáis teñen xa o grado de veteranía.
Á súa alegría polos premios debe sumarse a satisfacción por colaborar no mantemento dunha tradicción galega que ten as súas orixes no paleolítico como exaltación dos productos agrarios que rexurden cada primaveira.
Post a Comment