Unha nova ferramenta para todo o alumnado adicto a Goggle Earth na hora do recreo.
-
.O buscador de Internet Google presentou hai uns días, un novo programa que permitirá viaxar e descubrir a Roma Imperial grazas a unha nova capa incluída na aplicación Google Earth. Agora é posible pasear polas rúas empedradas do Foro Romano, visitar o circo Máximo ou o Coliseo en todo o seu esplendor, como era no 320 d.C. O proxecto Roma Renace foi desenvolvido polas universidades estadounidenses de Virginia e California, en colaboración coa Politécnica de Milán. En total, o paseo virtual pola capital do Imperio Romano, a maior metrópoli do mundo no ano 320, permite visualizar 6700 edificios, once deles tamén desde o interior como o Tabularium ou o Templo de Vesta, que están acompañados por textos explicativos.
Traducido de El País.
Se queredes ter unha idea aproximada deste novo servizo de Google Earth, esta moi ben explicado neste video.
3 comments:
Grazas charo por esta valiosa información. Vou poñer o vídeo no meu blog de latín.
Grazas por esta información que me pode resultar moi útil para as miñas clases de latín.
Grazas hecuba, xa me dirás se funciona.
Post a Comment