Wednesday, 19 November 2008

…e de novo Afganistán

Hai só uns días celebráronse en Figueirido Pontevedra os actos fúnebres polos dous soldados da Brilat falecidos como consecuencia dun atentado en Afganistán. Lemos unha reportaxe no Magazine do Faro de Vigo e lembramos o que hai anos xa publicaba Newsweek: que unha porcentaxe abafadora de persoas nese país padecían graves trastornos mentais debido ás circunstancias tan terribles nas que viven.
Hai xeracións enteiras de afgáns que descoñecen o que é vivir en paz. Non foi isto o que máis nos sorprendeu entón; foi ler que os afgáns esqueceron como se vive en tempos de paz porque xa non teñen referentes. A nosa cotidianidade
burka baséase nunha serie de destrezas e mensaxes sutís coas que somos quen de convivir con outras persoas e levar a cabo proxectos comúns. É un complexo sistema que se transmite de xeración en xeración. Por terrible que pareza, a transmisión dese esencial coñecemento en Afgnistán está destruída.
Vimos unhas fotos magníficas de Paula Bronstein e buscando información da autora atopamos un estremecedor reportaxe sobre mulleres que se queiman vivas. Deixamos á vosa decisión
ver as fotos ou non. E xusto nestes días chegounos esta presentación tamén sobre mulleres afgás e a terrible imposición do burka.
Xa coñeciamos algunhas imaxes que regularmente publica a RAWA (Asociación de Mulleres Afgás) pero nunca viramos algunhas outras moi ilustrativas.
Seguir esta ligazón para poder ver a reportaxe a pantalla completa. Paga a pena

.

1 comment:

Anonymous said...

As fotografías das mulleres que intentan suicidarse dunha maneira tan brutal son unha chamada de atención fronte á trivialidade con que as veces se trata o tema da violencia contra as mulleres. Poder escoller a morte para liberarse do sufrimento é ao que os seres humanos aspiramos que nos sexa recoñecido como un dereito nas diferentes lexislacións.
Mais que grado de desesperación e dor hai que sufrir para preferir a morte queimándose? Teño a impresión de que non é do que falamos cando reclamamos unha morte digna, aínda que non podo máis que inclinarme ante a dignidade de persoas que se revelan con todos os medios ao seu alcance para saír do martirio imposto por quen exerce un poder absolutamente ilexítimo e inxusto aferrado á caducos valores patriarcais.
Esta situación é asquerosamente insoportable. Desgraciadamente non é a única.

Related Posts with Thumbnails