Thursday, 6 November 2008

Dúas novas adquisicións

Queremos facer mención especial de dúas novas adquisicións a nosa xa extensa colección de títulos destinados e adquiridos especialmente par os 20 minutos de lectura diaria. Son totalmente recomendables.

ENCICLOPEDIA DE LOS MALOS ALUMNOS Y REBELDES QUE LLEGARON A GENIOS.
Ed. Catapulta Editores
Un redescubrimento humorístico de personalidades famosas, recoñecidas como xenios, pero consideradas rebeldes ou torpes durante a súa infancia. Diversos personaxes do mundo da Historia, as Ciencias, as Artes e a Literatura protagonizan divertidas anécdotas biográficas da súa mocidade.
Unha preciosidade de libro.



LAS VIDAS DE LOS GRANDES ARTISTAS.
Ed. Siruela
Un orixinal paseo pola Historia da Arte a través da vida e obra de 20 mestres de todos os tempos. Un interesante retrato ou autorretrato de cada artista introdúcenos en cada un dos capítulos deste formidable libro sobre o mundo da pintura. A continuación, verás a súa obra máis emblemática a toda cor. O ameno e entretido texto vaiche permitir entrar no taller de cada un destes pintores. as ilustracións son magníficas. Dentro do libro tamén atoparás algunhas ventás que che ofrecen máis información, como por exemplo "¿ Sabías que...?, con interesantes curiosidades biográficas do artista; atoparás ligazóns web para saberes máis sobre as obras de cada autor. (adaptado da reseña do libro)

2 comments:

Oki said...

Gústame esa enciclopedia de malos alunos que chegaron a xenios: Creo que nós temos algún deses entre os nosos...
Unha boa recomendación que vou propoñer para a nosa biblioteca en Arzúa.

Anonymous said...

Esta Oki sempre se me adianta, resulta que eu tamén a ía propoñer.
Grazas mesturas por estas propostas tan estupendas.

Related Posts with Thumbnails