Friday 27 April 2007

LEMPICKAMANÍA

Do 18 de abril ao 15 de xullo vai ter lugar na Fundación Caixa Galicia en Vigo unha exposición da obra de TAMARA DE LEMPICKA. (Varsovia,1898 – Cuernavaca, 1980)
Dado que un grupo de alumnos e alumnas deste centro van visitar esta mostra podemos intentar mergullarnos no mundo de Tamara para gozar mellor da súa obra.
O ABC.es comeza a
recensión desta exposición dicindo da pintora: “Aristócrata, excéntrica, liberal, independente, excesiva, exuberante, bisexual, diletante, fría, sofisticada, cegadora, narcisista, moderna, autoritaria, esnob, insolente, enxeñosa, hedonista, desapiadada, elegante, voraz, imperiosa, cosmopolita, arrogante, depresiva, intelixente, exótica, perversa, divertida, femme fatale... Inimitable. A Greta Garbo do Art Déco. Así era Tamara de Lempicka, unha personalidade tan arrasadora que eclipsou á artista”.
Pode que moitos destes adxectivos sexan froito da lenda sobre a súa persoa pero do que non queda dúbida é de que a súa vida está marcada polos acontecementos da época en que lle tocou vivir: a revolución bolchevique cambia a súa desafogada existencia e ten que fuxir da Rusia revolucionaria. En París supera penurias económicas e convértese nunha coñecida artista ao tempo que se rodea de luxo e glamour e non deixa de escandalizar ás clases acomodadas coas que se relacionaba.
Manterá sempre unha posición anticomunista que dalgún xeito reflicte nos seus cadros onde os personaxes retratados amosan unha actitude elitista ante o mundo, unha certa mirada altiva.
Actualmente abondan os recoñecementos á súa obra pero non deixa de ser unha artista controvertida que é acusada de practicar unha arte puramente decorativa, decadente, de ter soidade do perdido esplendor da burguesía da época pero de non posuír a enerxía das vangardas (Pincha
aquí para ampliar esta crítica). Desde outras perspectivas afírmase que foi inxustamente esquecida ata a década dos noventa e que a súas obras poden ser comparadas coas de dous grandes do século XX, Léger e Picasso.
O certo é que ser muller e aparecer nos libros de arte non é doado.

......


Que poden querer dicir os que tachan a súa pintura de arte decorativa?

Que función debe ter a arte?

En que aspectos nos podemos fixar para avaliar a produción artística de Lempicka?

Aporta algo a súa obra desde unha perspectiva feminista?
.
.
Interesante galería e foro sobre Lempicka fecendo clic aquí

Wednesday 25 April 2007

ESES PACIENTES MESTRES XAPONESES...

Se premedes aquí, podedes ver con detalle a gran onda, ameazante e escumosa, a piques de destruír coa súa forza as pequenas embarcacións. Esta é TSUNAMI, a obra máis coñecida do famoso pintor e gravador xaponés Hokusai 1760-1840, que por certo cuñou o termo manga xa en 1814, nada menos. Manga quere dicir bosquexo, debuxo apresurado. Aquí tendes un pequeno exemplo dun dos manga de Hokusai que mostra a súa pericia para captar os movementos do corpo. Aos 89 morreu "o vello enfadado coa pintura", como el mesmo se definía, sen satisfacer a procura da última verdade sobre esta arte. Quince anos antes escribira:
.
"[...] á idade de cinco anos tiña a teima de facer trazos das cousas. Á idade de 50 producira un gran número de debuxos, con todo, ningún tiña un verdadeiro mérito ata a idade de 70 anos. Aos 73 finalmente aprendín algo sobre a calidade verdadeira das cousas, paxaros, animais, insectos, peixes, as herbas ou as árbores. Polo tanto á idade de 80 anos faría un certo progreso, aos 90 penetraría o significado máis profundo das cousas, aos 100 faría realmente marabillas e aos 110, cada punto, cada liña, posuirá vida propia [...]"
.
Nestes tempos de présas e esixencias de resultados inmediatos, non está mal un pouco da sabia filosofía de Hokusai. Esta é unha das mellores ligazóns que atopamos na rede para que disfrutedes da súa obra. Os seus gravados foron importados a París a mediados do século XIX. Entre os seus admiradores podemos citar aos impresionistas Degas, Monet e Toulousse-Lautrec.
Tivo un magnífico seguidor no seu discípulo Hiroshige
..

Tuesday 24 April 2007

PREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL EN LINGUA GALEGA







A alumna de 2º BAC ELENA CARIDE MEANA foi seleccionada para ser membro do xurado que decidirá o PREMIO DE LITERATURA XUVENIL EN LINGUA GALEGA outorgado pola FUNDACIÓN CAIXA GALICIA.

Elena participará en sucesivas reunións con outros escritores e persoas relacionadas co mundo literario para decidir os finalistas, e posteriormente os gañadores deste certame. A entrega de premios celebrarase na illa de San Simon no vindeiro mes de Xuño. A obra premiada na anterior edición foi
A cova das vacas mortas de Jaureguizar. .
Parabéns Elena e grazas pola túa inmediata e entusiasta aceptación da proposta a pesares do traballo extra que representa para ti.
.

Sunday 22 April 2007

FELIZ DÍA DO LIBRO




"Un libro é, en definitiva, unha fonte de liberdade persoal que posibilita unha actividade intelectual plena e fomenta o respecto á pluralidade e á diversidade cultural da humanidade e das súas culturas e linguas".
Lei do libro e da lectura de Galicia

.

....
"Un libro es una cosa entre las cosas, un volumen perdido entre los volúmenes que pueblan el indiferente universo, hasta que da con su lector, con la persona destinada a sus símbolos. Ocurre entonces la emoción singular llamada belleza, ese misterio hermoso que no descifran ni la psicología ni la retórica".
JORGE LUIS BORGES

1º OBRADOIRO DE NARRATIVA. .

1º OBRADOIRO DE NARRATIVA
BIBLIOTECA DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

Luns 30 Abril, 2007: MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
Luns 7 de maio, 2007: XOSÉ NEIRA CRUZ

16.50: Coloquio co alumnado de 2º Bacharelato
17:40 Entrevista para o Cartafol
18.30: Sinatura de Libros .


Xosé A. Neira Cruz ( Santiago, 1968) Licenciado en Filoloxía italiana e en ciencias da Información, director de Fadamorgana e profesor na facultade de Xornalismo de Compostela. Premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro (1988 ) e As cousas claras (2000). Premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Tamén destracan O armiño dorme, A memoria das árbores, O xenio do sultán e Eu son adoptada.

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). Profesor no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Na súa abondos produción literaria destacan obras como Da esfinxe, Arqueofaxia, Ela atopa un nome, Tanis I o mocos, Irmán do vento ( premio Merlín 2003), Estanislao, príncipe de Sofrovia. el mesmo confiesa: a literatura actualmente é unha parte da miña vida, unha parte importante, pero non é todo. O resto é a vida mesma.

.
.
.
.
Promove e organiza:
ANPA O VERXEL
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNADO DO IES SÁNCHEZ CANTÓN.
Colaboran:
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA, EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA
O EQUIPO DE PROFESORADO DA BIBLIOTECA DO CENTRO QUERE AGRADECER E FELICITAR AO ANPA POR ESTA INTERESANTE INICIATIVA E QUEDA AO VOSO DISPOR PARA FUTURAS COLABORACIÓNS. GRAZAS E PARABÉNS.

COCIÑA COOLtural. Entrega de materiais

Aproveitando a celebración do Día do Libro o equipo de profesorado da biblioteca vai proceder á entrega de parte dos materiais elaborados en torno ao proxecto COCIÑA COOLtural a todos os participantes neste proxecto.
Un dos nosos obxectivos é a elaboración, polo menos unha vez por curso, dun "libro" de produción propia. Un dos libros do presente curso é este receitario colectivo que inclúe, entre outros materiais, a elaboración de todos os pratos presentados á Mostra Gastronómica celebrada en decembro xunto ás correspondentes lendas, lembranzas, vivencias persoais etc asociadas a estes pratos.
O receitario vai acompañado dun CD coa seguinte documentación:

  • PRESENTACIÓN COCIÑA COOLTURAL que inclúe receitas, vivencias e fotos de todos os pratos. ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS GUSTARÁ.
  • TCA.- Documento elaborado polo equipo da biblioteca con información sobre os trastornos da conduta alimentaria máis frecuentes e a súa relación coa autoestima, a adolescencia e o culto á imaxe. Estes materiais están supervisados pola Dra. Carmen Rodríguez del Toro, xefa do Departamento de Psiquiatría do Hospital Meixoeiro De Vigo.
  • EU COMO: Pequeno proxecto documental sobre hábitos de alimentación saudable, publicidade, desenvolvemento sostible y algunhas reflexións sobre o feito cultural da alimentación.
  • COMO COMEN OS DEMAIS?: Información sobre hábitos alimenticios noutros países e culturas.
  • SABORES DE CINE: Relación de películas nas que a comida ten un protagonismo esencial.

Proximamente publicaremos na web do centro o resto de materiais elaborados polos Departamentos que participaron no proxecto así como bibliografía e ligazóns que consideramos de interese.

Esperamos que esta documentación sexa de utilidade para vós e as vosas familias.
(No acto de entrega de materiais procederemos ao sorteo de dúas memoria USB entre os/as organizadores e os participantes na Mostra gastronómica.)

Grazas a todas as persoas que colaboraron neste proxecto

DEPARTAMENTO DE LENGUA ESPAÑOLA Y LITERATURA. CONCURSO LITERARIO DÍA DEL LIBRO.

CONCURSO LITERARIO


Con motivo del DÍA DEL LIBRO el Departamento de Lengua Española y Literatura convoca el tradicional certamen literario para todo el centro. Como bien sabéis, está dotado con premios de 50 y 25 euros, canjeables por lotes de libros, para las diferentes categorías y accésit. Próximamente se comunicará la fecha de entrega de premios, que se realizará, como siempre, en un acto celebrado en el Salón de Actos. Este curso el tema propuesto es: "UNA EXPEDICIÓN EN BARCO".
Aprovechamos la ocasión para animar al grupo de alumnado de 2º ESO a seguir trabajando en sus poemarios de viajes. Nos consta que continúan a buen ritmo.

..


Thursday 19 April 2007

LEO BASSI: UN HUMOR DIFERENTE

Que un humorista sexa invitado a participar nun foro de reflexión filosófica é bastante insólito. Pero falar de Leo Bassi é falar do insólito, nin a palabra humorista se lle acaba de axustar ben. El defínese como un terrorista lúdico.
Na súa comparecencia na XXIV Semana de Filosofía de Pontevedra, organizada por
Aula Castelao, explicou a súa evolución artística e mesmo persoal, salientando as dificultades de facer un humor diferente cando este non se axusta aos modelos dos que dirixen os medios de comunicación de masas coma a televisión, medio no que durante un tempo actuou Leo Bassi, ata que un día abandonou Crónicas Marcianas ante a imposibilidade de presentar a súa creación porque Citroen, sponsor do programa, non consideraba aceptable a súa actuación en que sometía a un Xsara Picasso a unha divertida deconstrucción a golpes para que se axustara un pouco á imaxe cubista dun automóbil máis propia de Picasso, xa que Bassi sentíase doído pola utilización mercantilista da firma do pintor, con quen el gardaba lazos afectivos.
Recentemente a súa obra teatral Revelación tivo que ser cancelada en Madrid xa que algún grupo fundamentalista cristiano lle colocou un artefacto explosivo no teatro.
A
súa páxina non obedece aos patróns dunha web de artista, si que dedica unha columna ás súas produccións, pero tamén escribe artigos sobre temas actuais, ofrece ligazóns sobre espectáculos e programas de outras latitudes como o que fai referencia ao programa sobre sexo de Heba Kotb doctora que fala deste controvertido tema nunha cadea de televisión en Exipto, ou Dieudonné, a nova voz burlona da Francia mestiza, sen esquecer a Michael Moore. Entra na paxina oficial de Leo bassi pero ademais non te perdas as fotos que están publicadas aquí.
Que opinas deste personaxe? .













Wednesday 18 April 2007

MUNDOS MÁXICOS

Propoñemos un paseo polo mundo surrealista da peculiar ilustradora e fotógrafa norteamericana Maggie Taylor. Algúns dos seus personaxes parécennos sacados directamente das peripecias imaxinativas da Alicia de Lewis Carroll. Por certo, algún día contarémosvos algo dela. De momento velaí algunhas cabezas nas nubes, cabezas cheas de paxaros, nenos inquietantes e animais curiosos. Non deixedes de visitar a galería chamada CASE ALICIA. Hai moi boas imaxes a pantalla completa. Tamén podedes visitar estas PAISAXES DOS SONOS.
Xa nos contaredes se vos gustou.

"Estas imaxes dixitais comezan sendo unha colección de obxectos individuais e fondos que escaneo no meu ordenador usando un escáner moi básico. Cando se completa unha imaxe, imprimo o arquivo dixital en papel para acuarela. Aínda que non son fotografías tradicionais, si penso na miña técnica como un proceso de fotosensibilidade".
Maggie Taylor -

Sunday 15 April 2007

A DAY IN THE LIFE OF AFRICA


Enlazando coa entrada anterior non resistimos a tentación de facer unha nova referencia a ÁFRICA, sen dúbida, o continente máis descoñecido e esquecido. Se mirades o mapa da esquerda veredes dunha forma moi gráfica a inmensidade da súa extensión. Propoñémosvos un xogo. Cantos dos preto de 60 países africanos saberiades colocar?. Podedes entretervos un intre facendo clik nesta ligazón.
.
Conscientes da dificultade de nin tan sequera poder esbozar unha análise mínimamente precisa da diversa e complexísima realidade africana, a empresa OLYMPUS enviou, hai 4 anos, a 100 dos fotógrafos máis reputados a nivel mundial e repartiunos por todos os países africanos para facer fotos durante un día enteiro intentando, deste xeito, captar en imaxes parte da súa esencia. O proxecto chámase "A day in the life of Africa" Con este incrible material fotográfico editouse un libro. Os beneficios da súa venda doáronse a varias fundacións que loitan contra a sida. Podedes ver parte do impresionante resultado nesta ligazón. Hai máis de cen magníficas fotografías. Paga a pena.
..

Thursday 12 April 2007

MENOS LINGUAS QUE EN BABEL?

Coñecedes a historia de Babel? Se premes na imaxe poderás ver ampliado o famoso zigurat recreado por Brueghel. Desde a súa mención na Biblia, o nome de Babel sempre estará indisolublemente vencellado á diversidade das linguas que se falan no mundo. Pois ben, segundo a UNESCO estes son algúns datos acerca da situación das linguas na actualidade:

- Máis do 50% das 6.000 linguas do mundo corren perigo de desapareceren.
- O 96% das 6.000 linguas que hai no mundo son faladas por só o 4% da poboación mundial.
- O 90% das linguas do mundo non están representadas en Internet.
- Unha lingua máis ou menos desaparece cada dúas semanas.
- O 80 % das linguas africanas carecen de trascripción escrita.

Como unha pequena homenaxe a estas linguas africanas invitámosvos a escoitar Tajabone, unha fermosa e evocadora canción do cantante senegalés
Ismael Lo
. Poderás escoitar wolof, a língua vehicular máis importante do Senegal. Tajabone fala dunha festividade musulmana, ao rematar o Ramadán, na que os nenos e as nenas cambian as súas ropas e recollen doces e comida. Por curiosidade, estas son as primerias estrofas:

Tajabone beni tajabone
Tajabone beni tajabone
Habdu buhu yamba, nyari malaïka

Rhawe hekiko darum siserum
momu muhu dida neka mukedinga
momu muhu dida neka muhonga (bis)

Tajabone beni tajabone
Tajabone beni tajabone
Wele, Wele, Wele
Wele Abdu nyamba ...wele
Nyari malaïka ...wele
Sika ule yowe ...wele Dari siserum ... wele munina ...wele eka muninga...wele munina ...wele eka muhola...wele ah ah ah ...Tajabone.

Tuesday 10 April 2007

NOVIDADES DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA


APROVEITANDO A XXIV SEMANA GALEGA DA FILOSOFÍA POÑEMOS AO VOSO DISPOR AS SEGUINTES NOVIDADES:
.
1.- Corti, Enrique Camilo y Gianneschi, Horacio. Elementos de lógica. Buenos Aires: Ediciones del signo, 2002.
2.- Davey, Moyra. Maternidad y creación. Albaeditorial.
3.- Cánfora, Luciano. Crítica de la Retórica Democrática. Editorial Crítica, 2002.
4.- Luz Ferry. Aprender a vivir: Filosofía para mentes jóvenes. Taurus pensamiento, 2007.
5.- José Antonio Marina, María de la Válgoma. La magia de leer . Barcelona : Plaza & Janés, 2005.
6.- Dave Robinson, Ética para todos. Ediciones Paidós, 2006.
7.- Magee,B. Historia de la Filosofía. Blume, Barcelona, 1988.
8.- Sharron Shatil. Lógica para todos Ediciones Paidós, 2007.
9.- Sen Amartya. El valor de la democracia. El viejo topo.

Monday 9 April 2007

XXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA. FILOSOFÍA E DIFERENZAS


O reto de que a cidadanía recoñeza as diferenzas e a diversidade como algo consubstancial ás sociedades modernas é o interesante tema que propón a Aula Castelao na XXIV edición da Semana Galega de Filosofía.

Incluímos a reseña periodística do evento.

"Unha primavera máis reúnese na cidade de Pontevedra un grupo das máis destacadas figuras intelectuais no ámbito do pensamento que animarán as sesións desta cita cultural entre o 9 e o 13 de Abril. Filosofía e diferenzas é o tema proposto para esta ocasión, unha reflexión sobre o concepto do distinto, do diverso, do que é doutra maneira. Realidades que definen o mundo social do presente, o mundo das diferenzas físicas, culturais, económicas, sociais, ideolóxicas, pero que con demasiada frecuencia se traducen en desigualdade, en desintegración social ou en pura violencia, exercida coa forza do pensamento hexemónico, dogmático e intolerante. Por tanto, recoñecer a diversidade nos seres humanos como algo natural fronte á suposta homoxeneidade construída culturalmente, segue a ser un reto da cidadanía, non vetar as diferenzas segue a ser un exercicio da máis auténtica tolerancia, de verdadeira democracia. A XXIV Semana Galega de Filosofía aborda o tema nas sesións de mañá, tarde e noite, baixo os epígrafes Pensando as diferenzas, Diferenzas aquí e agora e Diferenzas Vetadas. A poucos días de comezar o encontro, hai máis de 1.000 participantes inscritos. Esta receptividade é unha boa proba do grande interese que esperta o tema proposto nesta edición da veterana cita..."

Related Posts with Thumbnails