Monday 7 May 2012

SOMOS O QUE LEMBRAMOS E TAMÉN O QUE ESQUECEMOS

EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO CENTRO

  • A memoria humana é poderosa e única na natureza: permítenos compoñer música, escribir poesía, explicar conceptos abstractos e imaxinarmos o que non existe. Contén a nosa visión do universo e a nosa autobiografía porque somos o que lembramos de nós mesmos, mais está lonxe de ser un almacén ou un simple disco duro: é tremendamente creativa e conforma as nosas lembranzas, ás veces ata as falsea ou inventa episodios completos. Tamén é selectiva: escolle uns datos e rexeita outros porque precisamos esquecer para poder mirar para adiante. Convén lembrar que a nosa memoria pode ser caprichosa e mesmo cruel, capaz de xogarnos a terrible mala pasada do Alzheimer.

Texto baseado na obra de Luís Rojas Marcos Es a túa memoria

Presentamos algunhas reflexións do alumnado de 4º ESO sobre a memoria e as lembranzas.

Utilizaron varias técnicas que se mostran nesta exposición: gravado e falso gravado sobre papel e outros soportes, banda deseñada e deseño tipográfico.

Recolleron lembranzas da súa xeración en follas verdes, da xeración dos seus pais e nais en follas laranxas e dos seus avós e avoas en follas amarelas. O curso de auga é o simil do fluír das nosas vidas, que arrastra as nosas lembranzas.

Pensamos que realizaron un excelente traballo.

DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA

DEPARTAMENTO DE HISTORIA

EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Related Posts with Thumbnails