Showing posts with label HOMOFOBIA. Show all posts
Showing posts with label HOMOFOBIA. Show all posts

Friday, 28 March 2008

Vestido novo

Vestido novo é a historia de Mario, un neno que o día de Entroido na escola decide levar un vestido de nena para sorpresa de alumnado, profesorado e familiares. Dez premios en diversos festivais nacionais avalan esta curta de Sergi Pérez, de factura impecable e inmensa sensibilidade.

vía el País

Monday, 11 February 2008

A loita dos diferentes

Dende hai máis de 50 anos o concurso World Press Photo Contest, algo así como os Oscars da fotografía, reflicten en imaxes as distintas tensións e conflitos que, pouco a pouco, van definindo a nosa historia colectiva.

.

.Esta foto, tomada en 1957, é unha impresionante testemuña da violencia, as burlas e as agresións das que foi obxecto Dorothy Counts o primeiro día que asistiu a un colexio de Estados Unidos ao que só asistiran, ata ese momento, estudantes brancos. As boas xentes benpensantes tirábanlle pedras e berraban que volvese ao lugar do que saíra. Conseguírono: os seus pais sacárona do colexio tras catro días de constantes e insoportables vexames e agresións.
A seguinte fotografía, non menos impresionante, é unha das gañadoras da presente edición. Mostra unha parella gay tras as agresións sufridas a mans doutras boas xentes benpensantes contrarias ás parellas homosexuais.

50 anos separan as dúas fotografías pero trátase da mesma vella historia de sempre: os mesmos, os que se creen en posesión de todos os privilexios, agredindo ao outro, ao diferente, levantando unha e outra vez o fantasma do medo, os sentimentos atávicos da tribo contra o invasor. Haberá que estar alerta, é unha mensaxe moi perigosa que chega con facilidade e causa danos irremediables.

Dende as dúas fotografías podedes visitar a galería de premiados na presente edición e as consideradas mellores fotografías nos últimos 50 anos e tamén esta montaxe en video

Wednesday, 6 February 2008

Dimas Cuevas II

Para o señor Dimas Cuevas deixando ben claro que non entendemos nin compartimos o seu fino e intelixentísimo sentido do humor.

Dimas Cuevas


Estas son as declaracións do flamante candidato ao Senado, proposto polo PP de Albacete. Este individuo ten a pretensión de ser un representante da cidadanía deste país con opinións tan memorables e dunha altura moral tan encomiable como as que podedes ler a continuación. Claro que como é tan simpático e ocurrente, todo o que di é broma, é para botar unhas risas ... Todo un privilexio compartir país con vostede, querido señor.

"Las bodas de lesbianas tendrán que incluir diversas variedades de tortillas [...] y los convites para homosexuales serán a base de perritos calientes y plátanos al horno". "Si la palmo antes de lo previsto, prohíbo que den a mis chiquillos en adopción a ningún matrimonio de gays, lesbianas o mediopensionistas. Sólo falta que los traigamos al mundo, los criemos y los eduquemos, para que luego acaben los pobres rodeados de cualquier cosa".

"Lo que no hay que aceptar es que tengamos que cambiar la pira donde antes se incineraban a los 'raros' por un 'monumento a la rareza'. Los que tenemos las hormonas en equilibrio no tenemos que pedir perdón por ello".
Lo escribió Cuevas el 11 de junio de 2000.

En el verano de 2004 frivolizaba con otra cuestión, la violencia doméstica, en el artículo "Yo quiero una pareja de manchegos gays para la Feria": "Sólo me cabe una duda: si los que se casan son dos machos (con perdón) y en el supuesto caso de que uno de los manchegos matrimoniados tenga la mano larga, ¿su pareja tendrá derecho a la protección de la nueva ley contra la violencia de género? Supongo que, siguiendo la Ley de Mahoma, sólo será así si el maltratado es el que toma...".

"Dijo Fernández de la Vogue que en España hay 4 millones de homosexuales [...] De ser cierta esa cifra, a la especie humana le queda un telediario" (1/10/2004)- "En la actualidad a nadie se le ocurre prohibir que salgan culos por la tele: al contrario, se reparten guías pro-lesbianismo en las escuelas" (8/1/2006)- "Si luego la mamá les raspa con la barba de tres días o el papá les mancha de rímel [...] qué le vamos a hacer, todo sea por la modernidad" (1/5/2005)


"Si ha de haber paridad para las mujeres que la haya también para los altos, para los bajos, para los calvos, para los listos, para los tontos y ahora, que están de moda, también para los inmigrantes".

Monday, 10 December 2007

Nace ODOS, falando de dereitos humanos...

Nace en España o primeiro observatorio sobre homofobia e transfobia ODOS, que xorde da necesidade de promover un maior recoñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade.

O 80% das agresións homófobas non se denuncia, principalmente pola dificultade que poidan ter moitas persoas se o seu ámbito familiar ou laboral non coñece a súa orientación sexual,

  • O observatorio nace pola necesidade de promover un maior coñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade e para lograr erradicar esta secuela. Para iso, dispón dunha páxina web (stophomofobia.com) que permite denunciar os casos de homofobia,

Baixo o lema Vivo en liberdade, ODOS iniciou unha campaña para fomentar o espírito crítico ante a homofobia e a transfobia. A web contén diversas seccións con todo tipo de información, desde boletíns a noticias do todo o mundo e diversas seccións como Denuncia, Coñece os teus dereitos ou ¡Actúa! nas que se achega información. As denuncias que reciben as asociacións xorden principalmente de actitudes homófobas en publicidade ou medios de comunicación, a negación do acceso a servizos, as agresións físicas ou verbais e o acoso laboral e escolar.


O seguinte documento expresa desafortunadamente a opinión dunha parte da sociedade ante a homosexualidade, considerándoa un problema e unha alteración que debe ser necesariamente correxida. Pensamos que é a nosa obriga explicitar que tamén hai outros enfoques que abordan a homosexualidade dende unha perspectiva totalmente diferente. Aquí podedes atopar unha ampla e rigurosa bibliografía. No expositor de libros na vestíbulo do instituto temos algún título e podedes solicitar máis sempre que o estimedes oportuno.


Wednesday, 24 October 2007

Titoría para previr a homofobia nun IES de Madrid

O instituto Duque de Rivas de Madrid é pioneiro na organización dunha titoría para previr a homofobia na comunidade escolar. Nunha entrevista con Joaquín Álvarez, profesor que ten o gran mérito de promover esta interesante iniciativa, fálase de obxectivos tan de sentido común como:

Implementar adecuadamente unha educación sexual, que poña o acento non só na profilaxe, senón tamén na importancia dos afectos, sexan do tipo que sexan.


Falar sobre diversidade afectivo-sexual en todas as etapas do currículo. Traballar a igualdade entre homes e mulleres.
Combater o sexismo e a homofobia.
Explicar a beleza e a grandeza da diversidade. Traballar a Cultura da Non Violencia.

Mostrar referentes positivos de homosexuais e transexuais que contribuíron co seu traballo, ao longo da historia da humanidade, ao desenvolvemento cultural e científico.
.
Facilitar ao profesorado GLBT (gays, lesbianas, Bisexuais, transexuais) mostrarse como tal ante os demais, con respecto exquisito cara ao seu feito diferencial. Escoitar e atender ao alumnado GLBT, que demanden unha atención específica.
Estender as actividades formativas aos proxenitores do alumnado, facilitándolles a realización de cursos e talleres sobre resolución de conflitos con adolescentes, intelixencia emocional, e de orientación afectivo-sexual.

E tamén di:

"A homofobia é unha realidade nas aulas. O insulto que con maior frecuencia se repite en calquera centro educativo, é un epíteto ben coñecido. Hai distintos tipos de homofobia: Ás veces maniféstase dun modo violento, noutras ocasións, de xeito soterrado. O feito de que se siga sen visibilizar a realidade GLBT nos institutos e colexios españois é indicativo de que as sexualidades minoritarias seguen estando estigmatizadas. Moitos mozos e mozas sofren en silencio acoso por orientación sexual e non atopan nin no ámbito educativo nin no ámbito familiar, apoios para saír desa situación. Os dereitos humanos, séguense vulnerando, aquí e agora, en contornos que proclaman como idearios "o desenvolvemento integral do individuo", co silencio cómplice dos compañeiros? de pupitre e o que é máis grave, de responsables (?) educativos, que prefiren mirar para outro lado cada vez que se producen actos homófobos... ". (Fuente Pisando Fuerte)

Esta é a ligazón ao blog da titoría, onde proporcionan referentes positivos da homosexualidade e facilitan un correo para pórse en contacto cos responsables. Nesta ligazón hai unha interesante relación de recursos que proporciona este blog. Aquí podedes descargar o cómic que aparece na ilustración, e nesta ligazón pódese descargar unha unidade didáctica con máis información sobre o tema: películas, literatura, publicacións....en breve ambos documentos estarán a dispor de toda a comunidade escolar. Polo momento, aparte de "Homosexualidade e familia", que xa mencionamos nun post anterior, adquirimos recentemente estas dúas obras "Jim en el espejo" e "Sandra ama a Meike". Seguiremos informando.



Só resta felicitar aos responsables desta importante e, sobre todo, necesaria iniciativa.

Related Posts with Thumbnails