Hoxe gustaríame falar de TV, prensa e medios de comunicación; dos mundos virtuais e dos conflitos que crean. Quero falarvos de mulleres afgás que levan burka, de nenas marroquís que pretenden ir con veo aos seus colexios...
Penso que as mulleres somos símbolos útiles, non suxeitos. Onde están as voces das mulleres afgás?. Fálase delas, mais elas non aparecen. Se aparecesen, tal vez contasen o inferno no que viven desde hai moitos anos e que só foi noticia cando os talibáns deixaron de ser socios de EE.UU; despois, o réxime talibán foi derrotado, e alí seguen elas, cos seus burkas, sen poderen ir traballar, porque a situación apenas mellorou, pero elas xa non interesan como noticia. Desapareceron...
Por suposto que hai problemas no mundo árabe. Os talibáns son un caso extremo mais apenas representan a ninguén. Somos moitas as persoas que pertencemos á mesma cultura aínda que esteamos en total desacordo con eles.
Agora dúas palabras sobre o veo e o seu significado na cultura islámica. Non ten que ver nada en absoluto co concepto de submisión. Trátase dunha pretensión de ocultar o corpo para non ser considerada só como un obxecto de desexo, para ser valorada por outras calidades. Evidentemente un pode estar ou non estar de acordo: os teólogos discuten incesantemente sobre a súa obrigatoriedade. Tamén o fan as mulleres sobre o seu uso, algunhas o levan e outras non. Toda esta situación simplificouse e distorsionouse nos medios. Que se transmitiu?: que é algo funesto sobre o que non merece a pena nin reflexionar. Estas actitudes non fomentan o diálogo entre culturas nin axudan a achegarse ao outro"...

MUNDO ÁRABE, OCCIDENTE E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN (extracto de conferencia)
Awatef Ketiti. Periodista e investigadora feminista tunecina.

Se queredes ler o artigo enteiro e máis opinións de mulleres musulmás falando da súa cultura podedes visitar a correspondente sección do traballo Mulleres no Islam, colgado na páxina da biblioteca do centro.
Este video, obtido via o blog Iguales en las 3000 é un documento excelente que exemplifica o texto anterior e que todos deberíamos ver. O uso do hijab nos centros escolares debe ser sometido a debate, é verdade, pero é un asunto complexo que non podemos solventar con tópicos de escaso rigor e ideas en exceso simplificadoras dunha realidade tan complexa e plural como é a cultura islámica.