Grazas ao Concello de Pontevedra, que cada ano organiza varias sesións de teatro para escolares, 50 alumnos e alumnas de 4º ESO A e 2º BAC (Literatura galega do século XX) van este xoves ao Teatro Principal. Estes dous coñecidos actores (quen non viu algún capítulo de Pratos combinados? Quen non sabe quen é Miro Pereira?) serán os encargados de facer que gocen dun espectáculo no que dous viúvos discuten, falan, comentan. Convidamos aos asistentes a que deixen aquí os seus comentarios. Que lles pareceu Aeroplanos? Que opinan da obra? e da actuación de Ernesto Chao e Xosé Manuel Oliveira?
Showing posts with label TEATRO. Show all posts
Showing posts with label TEATRO. Show all posts
Wednesday, 22 October 2008
Areoplanos
Grazas ao Concello de Pontevedra, que cada ano organiza varias sesións de teatro para escolares, 50 alumnos e alumnas de 4º ESO A e 2º BAC (Literatura galega do século XX) van este xoves ao Teatro Principal. Estes dous coñecidos actores (quen non viu algún capítulo de Pratos combinados? Quen non sabe quen é Miro Pereira?) serán os encargados de facer que gocen dun espectáculo no que dous viúvos discuten, falan, comentan. Convidamos aos asistentes a que deixen aquí os seus comentarios. Que lles pareceu Aeroplanos? Que opinan da obra? e da actuación de Ernesto Chao e Xosé Manuel Oliveira?
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
COMUNIDADE ESCOLAR,
TEATRO
Thursday, 18 October 2007
Traducir, Traicionar?
Ás veces os tradutores tómanse licenzas que fan que as obras de escritores moi celebrados, como é o caso de William Shakespeare, queden bastante desvirtuadas nalgún dos seus aspectos. Romeo e Xulieta sempre foi considerada polos grandes estudosos do xenial dramaturgo inglés como unha obra menor, que carecía da relevancia doutras traxedias máis celebradas como Othello , Macbeth, o King Lear...aínda así sempre gozou de gran popularidade entre o público e quedou como prototipo do amor desditado fronte ao destino cruel. Shakespeare estableceu unha clara diferenza entre a linguaxe dos criados, vulgar e cheo de expresións, por así dicilo, da rúa, e a linguaxe poetica, chea de cultismos e refinadas metáforas dos protagonistas principais. Na versión orixinal Mercuccio por exemplo é deliberadamente soez, con alusións explícitas a termos obscenos e cunha forte carga sexual. Dependendo do período en que a obra foi traducida, estas expresións fixéronse máis "aceptables" ou simplemente suprimíronse. Só en épocas relativamente recentes puidemos ter acceso a traducións máis fieis que refllicten e respectan na súa integridade o texto orixinal. Xulgade por vós mesmos.
Traducción de Ángel Luis Pujante, Premio Nacional de Traducción pola súa versión de The Tempest. 1998.
BENVOLIO: Ven, que se ha escondido entre estos árboles, / en alianza con la noche melancólica. / Ciego es su amor, y lo oscuro, su lugar.
MERCUCIO: Si el amor es ciego, no puede atinar. / Romeo está sentado al pie de una higuera / deseando que su amada fuese el fruto / que las mozas, entre risas, llaman higo. / ¡Ah, Romeo, si ella fuese, ah, si fuese / un higo abierto y tú una pera! / Romeo, buenas noches. Me voy a mi camita, / que dormir al raso me da frío.
Traducción do mesmo texto de Ramón Menéndez Pidal, publicada no ano 1967, en pleno periodo franquista.
BENVOLIO: Sígueme; se habrá escondido en esas ramas para pasar la noche. El amor es ciego, busca tinieblas.
Pois agora resulta que a versión que vimos onte axústase bastante ao orixinal e o gran Shakespeare tamén sabe ser vulgar e irreverente e iso, en determinadas épocas, non era presentable. Como é pouco probable que adquiramos de repente o don de linguas e poidamos ler a todos os autores que nos interesan en versión orixinal, dependemos do bo oficio dos tradutores, que, ás veces, poden caer na tentación de recrear a obra á súa vontade. Esperemos que xa non sexa certo aquilo de traduttore, traditore .
Podedes ver El traductor-Autor, de Luisa Pastor Martínez, o ensaio que consultamos para este post, se queredes máis información. Moi interesante.
Etiquetas:
TEATRO,
TRADUCCIÓN
Wednesday, 17 October 2007
Romeo e Xulieta
O amor e a traxedia nunha das obras teatrais máis coñecidas: Romeo e Xulieta. O enfrontamento entre familias e entre pandas de mozos, o destino que todo o dirixe. A obra de Shakespeare posta por Eduardo Alonso diante dos ollos da xente nova: música, vestiario, escenografía do máis actual con botellón incluído. Rapaces e rapazas de 4ª ESO B tiveron a oportunidade de ocuparen unha butaca no Teatro Principal para ver e escoitar a un grupo de actores novos encabezados pola experimentada Luma Gómez. Conseguiría Teatro do Noroeste con esta versión facer atrac
tivo o teatro para a xente nova? Conseguiría achegar un clásico da literatura universal á sensibilidade do noso alumnado?
Na biblioteca temos a versión orixinal en inglés e en español... e na rede hai moita información
tivo o teatro para a xente nova? Conseguiría achegar un clásico da literatura universal á sensibilidade do noso alumnado?Na biblioteca temos a versión orixinal en inglés e en español... e na rede hai moita información
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
TEATRO
Subscribe to:
Posts (Atom)

